>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

REBULIR: III CONCURSO DE FOTOGRAFíA ANTIGA
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 29 / 6 / 10 )





A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquí­n Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “IIIº Concurso de Fotografí­a Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona. Estará regulado polas seguintes

BASES:

1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc.

2. Admitiranse fotografí­as tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limí­trofes (Comarca Terras de Celanova).

3. O concurso terá unha única categorí­a e dous premios especiais :

- Premiarase a Mellor Colección de Fotografí­as
- Premios especiais:

a. Mellor Fotografí­a
b. Fotografí­a máis antiga

4. Premios :

* Premios a Mellor colección de Fotografí­as

- 1º Premio: Cámara Dixital + lote libros fotografí­a C.C.P.X.L. Xocas + Diploma
- 2º Premio: Equipo de música + lote libros fotografí­a C.C.P.X.L. Xocas + Diploma
- 3º Premio: Un lote libros fotografí­a C.C.P. Xaquí­n Lorenzo + Diploma

* Premio especial a Mellor Fotografí­a

- Equipo de música + lote libros fotografí­a C.C.P. Xaquí­n Lorenzo + Diploma

* Premio especial a Fotografí­a máis antiga.

- Equipo de música + lote libros fotografí­a C.C.P. Xaquí­n Lorenzo + Diploma

5. A mesma persoa non poderá recibir máis de un premio, prevalecendo sempre o Premio xeral ante os especiais. Neste caso entregarase o premio especial a seguinte persoa ou colectivo seleccionado.

6. O xurado será nomeado pola Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” e as súas decisións serán inapelables.

7. As fotografí­as deberán ser remitidos á Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” no seguinte enderezo:

II CONCURSO DE FOTOGRAFíA ANTIGA
Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir
Praza de San Andrés S/N.
CP: 32810. Vilavidal ”“ Ramirás (Ourense)

Ou ben ao Concello de Ramirás no seguinte enderezo:

Concello de Ramirás
O Picouto. s/n. 32810.
Ramirás ”“ Ourense

e serán entregadas nun sobre con pseudónimo. Noutro sobre pechado serán incluí­dos os datos do participante: Nome, Enderezo, Teléfono, etc. e máis os datos referidos á fotografí­a segundo a ficha que acompaña estas bases.

8. A data lí­mite de presentación dos traballos será o dí­a 31 de Agosto de 2010.

9. Unha vez que o xurado falle os premios, daranse a coñecer a través da páxina web da Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir”, http://www.rebulir.blogspot.com/ , así­ como a data e lugar de entrega dos premios.

10. As fotografí­as participantes no concurso poderán ser copiadas pola Organización, para realizar exposicións ou publicacións, facendo referencia en todo caso á súa procedencia.

11. Todas as fotografí­as poderán ser recollidas polos seus propietarios durante os dous meses posteriores á data de entrega dos premios, no Concello de Ramirás. Unha vez transcorrido ese tempo, os traballos pasarán a ser propiedade da Organización.

12. A participación en calquera das diferentes modalidades deste concurso implica a total aceptación das presentes bases.


- fotografía- antiga. rebulir -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal