
A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir, de Ramirás, chega ao final do curso cunha mochila cargada de recordos dun curso que resultou esgotador pola cantidade de proxectos desenvoltos, pero tamén con moitos soños e ilusións aínda por cumprir de cara a un futuro.
Para dar peche a esta singradura, preparase para o vindeiro Sábado 26 de Xuño unha xornada de actividades dirixidas aos alumnos, pero tamén a familiares e amigos. Así, no Centro Sociocultural de O Picouto desenvolverase o seguinte programa:
12:00 h – Contacontos con Iago López 17:30 h – Presentación do III Concurso de Fotografía Antiga 17:45 h – Actuación de todos os grupos que compoñen a Escola 19:00 h – Petiscos e troula para membros, amigos e familiares de Rebulir 20:00 h – Peche do Curso
En Setembro retomaranse de novo as actividades docentes con regularidade. Pero a a actividade desta entidade non cesará durante o periodo estival, xa que se presenta unha axenda cargada de actuacións como:
- Romaría do San Paio. 27 de Xuño. Rubiás (Ramirás) - I Lumeirada do Deva. 3 de Xullo. Xinzo de Deva (Pontedeva) - XI Romaria Galega. 17 e 18 de Xullo. Pontraga - Tordoia (A Coruña) - VII Encontro Internacional de Folclore Xuvenil de Cacia-Aveiro. 11 e 12 de Setembro. (Portugal) - Encontro de Escolas de Música Tradicional. 17, 18, 19 e 20 de Setembro. Llangreu (Asturias)
Para máis información podedes visitar www.rebulir.blogspot.com ou ben no teléfono 639 908 005.
|