Logo de dez anos dende o lanzamento do derradeiro disco, Noitarega volve á actualidade coa edición de "XXI", o noso novo traballo discográfico, un disco conmemorativo dos 21 anos de existencia do grupo. Gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijóo e do propio grupo, "XXI" é un disco que nos amosa a clara evolución da banda ao longo destes anos e que conta cunhas colaboracións musicais de luxo: Anxo Pintos (Berrogüetto), Luís "O Caruncho" e Berto Costas (Os Carunchos), Xaime Estévez (Os Terribles de Donas), Coral Lago (Gaideón), Pandeireteiras Grialia e Silvia Costas. "XXI" estará dispoñible a finais deste mes de Xuño.
Como adianto á saída deste traballo, no seu myspace xa podedes ver e escoitar o tráiler promocional e seis das pezas que compoñen "XXI".
Crea a túa conta en Ghastas Pista?. O rexistro de usuarios está en preparación e fase de probas, pero a intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta.