>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Avance do Cartel do Festival de Ortigueira - Regreso á liña Celta

(ultima actualización: 29 / 4 / 10 )





Ortigueira quenta motores para vivir do 8 ao 11 de xullo o seu XXVI Festival internacional do Mundo Celta. Serán 4 días de música de raíz, 96 horas de acampada en plena natureza e outras tantas de festa. E como sempre, todo gratis. O cartel do 2010 preséntase a. No ano de Galicia, o certame folk, declarado festa de interese turítico internacional, non se conforma con dar a batalla no competitivo verán musical, aspira a revalidar as súas mellores cifras de asistencia, superando os cen mil visitantes.

O Festival do Mundo Celta, organizado polo Concello de Ortigueira, co patrocinio de Xacobeo 2010, Estrella Galicia e Deputación da Coruña, ultima a que será a súa edición máis ambiciosa e cargada de novidades dos últimos anos.

A reformulación da oferta musical do Escenario Estrella Galicia (3 noites de concertos e unha tarde final para os noveis), a definitiva volta á ortodoxia celta e a masiva presenza de bandas internacionais e do país que se estrean en Ortigueira marcan a programación artística do 2010, que arrincará cunha poderosa "Noite de folk rock".

Oysterband, Celtas Cortos, Gaelic Storm, Cristina Pato, Shooglenifty e Anxo Lorenzo band emerxen como cabezas de cartel dunha edición na que, unha vez máis, haberá espazo reservado para os novos creadores do folk no Proxecto Runas, para as bandas de gaitas e para as máis diversas actividades paralelas.

O esforzo da organización centrarase ademais en optimizar os operativos de anos anteriores en materia de limpeza, seguridade, aparcadoiros, transporte urbano e medios sanitarios, co obxectivo de canalizar a "toma” por parte dos 100.000 folkies da pequena localidade costeira de pouco máis de 7.000 habitantes.

O piñeiral da praia de Morouzos, un lugar privilexiado no marco da protexida Ría de Ortigueira- Ladrido, volverá converterse por unhas xornadas na oitava cidade de Galicia.

A organización disporá, para todo iso, dun orzamento axustado, que nada ten que ver coas cifras astronómicas doutros eventos. Co convencemento de ofertar a mellor e a máis económica das propostas lúdicas do verán, volve o Festival Ortigueira.


- Ortigueira- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal