
ACoruñaSon é un certame de creación de canción popular organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña. Este Certame, que ten como obxectivo fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego, ábrese coa selección de dez autores. Os dez terán como premio a asistencia a un obradoiro de canción popular de cinco días de duración impartido por profesionais galegos de prestixio, onde traballarán as súas propias composicións. Podes subir entre 2 e 5 cancións. O premio: un obradoiro de 6 dias (aloxamento incluído) con Gastón Rodríguez, Andrés Teijeiro, Bieito Romero, Carmen Rey e Xabier Díaz
Do 22 marzo ao 11 de abril: rexístrate e sube de 2 a 5 cancións.
Do 12 de abril ao 2 de maio: o público vota as cancións.
Do 10 ao 15 de maio: os 10 grupos/artistas gañadores reciben un obradoiro de 6 días (incluído aloxamento) e a continuación gravan un disco colectivo.
Consulta as bases completas.
|