>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Entrevista a Berrogüetto en Galiciaé
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 21 / 3 / 10 )



''Berrogüetto ten unha visión da música do país e do propio país, e iso é o que queremos reflexar''

''Berrogüetto, corpo aberto en sete latexares, trasládanos esa infinita sinfonía, unha voz que xorde de tan dentro que mesmo doe porque é a nosa propia voz feita música. Eles fannos soñar que outra música, outra orde cósmica é posible''. Rosa Aneiros.


Hai xa quince anos que Berrogüeto viu a luz xuntando baixo o mesmo paraugas seis músicos cunha única finalidade; levar a música tradicional do país cara ao futuro, combinandoa con novas sonoridades. O seu propio nome será a caixiña na que gardar a alma do grupo. Berrogüeto é unha sorte de neoloxismo formado polas palabras, berro (do verbo berrar), guetto (minoría marxinada) e Soweto (barrio do sur de Iohannesburgo, expoñente da oposición ao 'apartheid'). Seguindo está lóxica nominal, dar voz e berro aos máis desfavorecidos será unha razón de existir na música para Anxo Pintos, Guillerme Fernández, Isaac Palacín, Quico Comesaña, Quim Farinha, Santiago Cribeiro e o novo vocalista, Xabier Díaz.

'Kosmogonías' é, polo de agora, o último berro do grupo folk, a quinta peza creada para a banda sonora de Galicia. Este disco sairá a venda o próximo seis de abril e virá acompañado dunha xira polas principales cidades galegas e españolas. Composto por once novos temas, 'Kosmogonías' achega de novo un matiz de innovación e experimentación á música tradicional. Anxo Pintos (zanfona, gaita, saxo soprano, violín e teclado) esfiaña a súa esencia.     

Pregunta:
'Kosmogonías' é o nome do último traballo. Buscan as respostas ás preguntas do ser humano, aos enigmas cósmicos?

Resposta:
O nome vén da necesidade que sempre tivo a humanidade de buscar as respostas de por que estamos aquí. É unha reflexión que trata de mirar en vértical para despois poder facer unha mellor ollada en horizontal, entre nós.

É tamén unha chamada cara un sistema organizativo máis xusto na sociedade global e local. Pensamos que nisto pode axudar o feito de mirar cara ese espazo que nos sitúa nun horizonte máis humilde que o que agora mesmo temos. Somos unha especie depredadora co resto de habitantes e de materiais que ten o Planeta e con nós mesmos. É unha reflexión, pero sempre nunha clave optimsta, humilde e nada presuntuosa, aínda que poida parecer moi pomposa toda esta teoría.

P: Que ofrece de novidade este traballo? Segue esa liña reflexiva?

R:
Desde o punto de vista teórico e no traballo gráfico vanse notar estas reflexións. Dende o punto de visto musical este traballo ten a vagaxe de quince anos acumulada por Berrogüeto e a novidade principal de que vai ser o primeiro disco grabado con Xabier Díaz ao frente da voz. Sobre este alicerce teórico estético e na novidade de Xabier Diaz é no que se fundamenta.

Cambios internos
P:
Como foi a incorporación de Xabier Díaz á banda?

R:
Desde que se foi Guadi Galego plantexábasenos a necesidade de buscar unha nova voz e el xa traballara nalgunha ocasión con nós, nalgún directo. A verdade é que cando llo dixemos mostrouse encantado. Sempre comentamos que daba a sensación de que Xabier levaba moitos anos no grupo e apenas pasaran tres meses.

A nós veunos moi ben. Calquera novidade humana nun grupo no que xa levabamos moitos anos de convivencia pode supoñer certo reequilibrio de órbitas, e a ese nivel as ganas e a forza coa que entrou Xabier viñéronlle moi ben ao grupo. Ademais as súas aportacións e puntos de vista musicais sempre caen ben.

P: Botase de menos a Guadi Galego?

R: Non dende o punto de vista do que é o traballo. Pero evidentemente, Guadi ten unha personalidade como vocalista insustituíble. Seguimos tendo todos unha boa amizade e somos camiñantes de fondo, nunca se sabe como rematarán as traxectorias de cada un de nós ou de xeito colectivo. Hai membros do grupo que seguen traballando con Guadi noutros proxectos. Eu creo que agora mesmo o grupo está compensado e consolidado coa aportación de Xabier Díaz.

O son do país
P: Cal é o segredo da sonoridade do grupo? E esa asociación tan directa con Galicia?

R: Esa toma de terra permanente coa música tradicional galega ten que ver con que parte dos músicos de Berrogüetto provimos deste hábitat da música tradicional, aínda que despois a formación sexa máis extensa noutros xéneros musicais.

O mergullamento da música popular vai facer que despois poidas trasladar todo ese perfume sonoro e o vaias colocando gota a gota nas túas composicións. Toda esa paisaxe sonora ao final tamén está traspasando os poros da túa creatividade e ao final es un transmisor máis dentro de toda esa cadea da tradición musical.

P: É fácil innovar na música tradicional de xeito que non renxa?

R: Nunca tes a certeza de facelo coas garantías de que o que fas renxa ou deixe de renxer. O que si é certo é que un bo saber da música tradicional permiteche saber canto te achegas e canto te alonxas dela e iso podelo facer con coñecemento de causa, o que che permite ser honesto en todos os pasos que vas dando. A ese nivel eu creo que Berrogüetto sempre actuou con moita honestidade, sempre fixo o que quixo sen mirar o aspecto máis comercial e neste coidou moito o apartado artístico.

O grupo ten unha visión do que é a música do país e unha visión do que é o país e queremos que iso tamén saia reflexado nos nosos traballos, pero co compromiso de ser persoas que nacen, viven e conviven cunha determinada cultura no territorio que habitan. Ese é o plantexamento desde o que partimos.

P: Como traballa internamente Berrogüeto? Hai líderes?

R: Non. Unha das características deste grupo e que é unha especie de ente no que os músicos somos como formigas que actuamos sempre pensando no beneficio da comunidade. Todos os egos están ao servizo dun fin común que é o de facer música.

Eso creo que é algo que todos os compoñentes entendemos desde o primeiro momento, e ademais é o segredo da nosa lonxevidade, e non só porque un pode chegar a vello senón porque podemos facelo con boa calidade de vida creativa colectiva. Ese, quizais é un dos puntos que máis destacamos, porque non é demasiado fácil chegar así aos quince anos con ganas de seguir outros quince.

O mañá para 'Kosmogonías'
P: Que esperan deste disco? Que xiras teñen pensado facer?

R: Temos moitas ilusións postas neste disco porque estamos convencidos que é un moi bo traballo desde o punto de vista gráfico e tamén desde o punto de vista musical. Sempre intentamos coidar moitísimo todo o deseño e ademais terá algún tipo de agasallo para quen queira levalo á súa casa.

P: É difícil vender discos en tempos de crise?

R: Creo que nos momentos de crise é cando máis falta fai seguir traballando con todas as ganas, dando o mellor de ti mesmo e sen deixarte caer no pesimismo.

Parte probablemente desta crise é unha sorte de estado de ánimo colectivo que ao final leva a que todos deixemos de levar a man ao peto para comprar ou para consumir como se viña facendo antes. Pero das crises tamén se pode salir beneficiado e reforzado. É boa para reflexionar por que e como se producen. No noso caso está claro que houbo certos actores que tiveron un factor tremendamente especulativo e iso pode servir para que todos sexamos un pouco máis cabais á hora de consumir.  Probablemente haxa que encamiñarse cara a outro modelo produtivo e non ao ladrillo, como se fixo ata agora.


- Berrogüetto -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 



máis..


:: “CO XENIO DESTROZADO”, novo álbum de SÉS ::

:: Xogos Musicais, de Luis Prego. Libro + CD ::

:: 26 anos de Luar Na Lubre recóllense nunha caixa de 3 Cds e 1 DVD ::

:: Pop, novo disco de Luis Peixoto e Fernando Barroso que busca financiación na plataforma Verkami ::

:: Andando a Terra. Uxía Canta a Manuel María ::

:: "Não Lugar" a relación entre Galiza e Portugal a través do canto e a percusión tradicional ::

:: Skandalo Gz presenta o seu disco Esperta!! Na Gentalha do Pichel (Compostela) ::

:: Presentación do disco de ORBALLO na Casa de Cultura de Pontedeume ::

:: Presentación en Compostela do CD tributo a os 25 anos de Zënzar: VAI POLOS PADRIÑOS ::

:: Concerto de Os Minhotos en Lugo presentando A Pinga D'auga ::

:: Linho do cuco presenta o novo disco: “As Alegrías” ::

:: A Compañía do Ruído presenta o seu disco cunha gran festa en barco pola ría de Arousa ::

:: Tonhito de Poi continúa a xira de presentación do disco O SORO DA VERDADE ::

:: SOTAQUE. novo disco de Xose Manuel Budiño, en Abril ::

 

:: Continúa a presentación do novo libro-disco de Magín Blanco, "A nena e o grilo nun barquiño" ::

:: Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO ::

:: Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País. ::

:: Milesios presenta en Lugo o seu disco Alén Mar ::

:: Rebeliom do Inframundo no Torreiro da Festa (Vigo) ::

:: GRAN CONCERTO presentazón do 'Disco díscolo' dos da Ría en Teo ::

:: Presentación do libro "TREBOADA GALEGA" ::

:: Retrouso presenta o seu primeiro disco: OU ::

:: Presentacion na Fnac do gupo folk -Mel de Meiga ::

:: Concerto-presentación: “Manüele de pandeireta e canto tradicional vol. 1″ (2ª edición) ::

:: Presentación en Arzúa do disco de Julio Vázquez Carril ::

:: Presentación do disco «Monte Galiñeiro» de Os Irmandiños de Vincios ::

:: AS ARPAS DE BREOGAN Novo disco de Rodrigo Romaní­ ::

:: Os Folkgazais (música en galego de Asturias) presentan HAIGA ::

:: Datas e lugares das presentación do Método Infantil de Gaita Galega "SON DO FOL" ::

:: Presentacións de MARÍA FUMAÇA ::

:: Mar Maior de Luar Na Lubre: 13 semanas consecutivas entre os 100 discos máis vendidos do Estado Español ::

:: Dioivo - Roi Casal presenta 'Vai alborexar', o single do seu terceiro disco en solitario ::

:: Presentación de "DOUS" nos Atardeceres no Gaiás ::

:: O Leo gravando ao vivo o seu 3º disco, A Neurona na Patineta (GZ Música) ::

:: Concerto-Presentación do CD de Agustí­n Sánchez “Pezas de aquí­ e acolá” na Tradescola (Lugo) ::

:: Presentación en Redondela da Guía didáctica de instrumentos galegos ::

:: Pancho Álvarez presenta SONCHE ATLÁNTICO ::

:: Riobó presenta o seu primeiro videoclip “Fox” ::

:: RUXE-RUXE - Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012) ::

:: O Canto do Pobo ::

:: Berros do Castro: "Eirexado s/n". Música tradicional das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal ::

:: Entrevista a Liorna: “Na editora dixéronnos que o disco soaba a Liorna e iso é importante” ::

:: O 'galego campa' achegará a música en galego aos campamentos de verán ::

:: Novo proxecto de música tradicional contemporánea: Talabarte ::

:: Guí­a didáctica de instrumentos galegos « Ouvirmos ::

:: PRESENTACION DO 1º DISCO DOS VIQUEIRAS ::

:: O Grupo Doa presenta "A Fronda dos Cervos" ::

:: Quempallou presenta “Once Anos Mallando” ::

:: As cancións perdidas do pazo ::

:: Concerto Presentación do novo disco de Pradairo: PATEADO ::

:: PRESENTACIÓN DO DISCO DE FREIXO NAS PONTES ::

:: Unha cáscara de noz convertida en barco ::

:: PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO PÉ’ ::

:: Berrogüetto filma unha actuación histórica ::

:: "Ven bailar Carmiña", primeiro single do novo disco de Luar Na Lubre, "SOLSTICIO" ::

:: Trasmundi pon son á nosa mitoloxía ::

:: Delorán. Primeiro Single do novo disco de Mercedes Peón: ...---... (S.O.S.) ::

:: Arquivo das Daníças do Alentejo ::

:: Pancho Álvarez: Sólidos Galicianos ::

:: Cuarteto Caramuxo - Tiruriru ::

:: Lizgairo - Diacroní­as ::

:: ENGADO - Nova Galega de Danza (Música de Xosé Lois Romero) ::

:: Tiruleque ::

:: Susana Seivane - Os Soños que Volven ::

:: 'Sós', tí­tulo do cuarto traballo de Mercedes Peón ::

:: Xoves 24 de Xullo: O PAZO DAS MUSAS, revista oral nº 22 ::

:: Noitarega, "XXI" novo disco ::

:: Dous + Tres = Folkfusión ::

:: "A nena e o grilo", un libro CD onde a música é un xogo ::

:: Presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega" ::

:: Así­ fan os bailadores... ::

:: "Danza de Meirol", o single do novo disco de Berrogüetto ::

:: A música de Pradolongo, nominada aos 'Hollywood Music in Media Awards' ::

:: Cuarteto Caramuxo presenta `Tiruriru´, o pracer de facer música ::

:: PAI Música presenta a súa aplicación para iPhone: iPAI ::

:: Distribuiranse gratuitamente 14.000 exemplares das primeiras gravacions ourensanas ::

:: NOVOS CURSOS na Gentalha do Pichel ::

:: Once máis 15, poemas musicados ::

:: Viaxe nostálxica de Susana Seivane no seu disco «Os soños que volven» ::

:: Brañas Folk prepara xa o lanzamento do seu novo disco ::

:: Novo disco en Ghastas Pista: 13 Lúas ::

:: Presentación na e-Trad da publicación O BERCE DAS PALLETAS de Xoán Ramón Marín Martínez. ::

:: Lanzamiento 2do disco de Leira do Son: `A Nosa Maneira´ ::

:: Roque Malasartes - Show de Lançamento do CD `A memoria das Naus´ ::

:: Presentación na e-Trad do volume Agustín Lorenzo Loroño. ::

:: Libro-cd Os sons da Limia: Música tradicional ::

:: XEOMETRÍAS MÁXICAS DE GALICIA de Bieito Romero. ::

:: Na rúa o disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva ::

:: Caminantes de Finisterre - Folk Celta: Novo Disco ::

:: Presentación do libro-disco `O QUINTETO MONTERREY DE JOSÉ POSADA: NOS XARDÍNS DA TROPICAL´ ::

:: A «galecidade» do Brasil (segunda entrega) ::

:: A BANDA DAS CRECHAS GRABA O SEU DISCO AO VIVO ::

:: Quince MAIOS sairá á rúa co xornal A NOSA TERRA ::

:: `Benzón´ de Guadi Galego ::

:: Luar Na Lubre, Ao Vivo, en Ghastas Pista ::

:: Introterra, novo disco de Pepe Vaamonde ::

:: `O Berce das Palletas´ ::

:: Fanny + Alexander: Estreando disco e videoclip ::

:: Novo libro/DVD de Edicions do Cumio - Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira ::

:: `Lume Forestal´ um adinato do novo de Cuchufellos ::

:: TRECE LÚAS XA Á VENDA ::

:: A Regueifa Blog: XURXO ROMANI - Escarnho e maldizer (2009) ::

:: Un libro indaga nas representacións dos galegos na Arxentina ::

:: Labazada de estrea [CD e formazom] ::

:: Pepe Vaamonde Grupo busca as súas raíces autoeditando o seu terceiro disco ::

:: A.C. Seixebra: `AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS´ ::

:: Luar na Lubre e Ismael Serrano homenaxean ao pobo palestino ::

:: O novo disco dos Carunchos xa está no forno. ::

:: Hoxe sae á venda o Cd/Dvd de Luar Na Lubre, `Ao Vivo´ ::

:: Camaxe - `Airexa´. Novo Disco en Ghastas Pista ::

:: Luar Na Lubre - Ao Vivo. CD+DVD á venda o 31 de Marzo ::

:: `Post-Bravú´ será o novo trabalho de Machina ::

:: Novos discos discos de Galegoz e Som do Galpom ::

:: Xa está na rúa o número 12 de ETNO-FOLK, Revista Galega de Etnomusicoloxía ::

:: aCentral folque » O V Encontro coa Zanfona nun documental made in USA ::

:: `En Galego´, Novo Disco dos Carunchos ::

:: Sólidos Galicianos de Pancho Alvarez - Lanzamento dixital exclusivo de PAI Música ::

:: Novo disco de Luar Na Lubre `Ao vivo´ ::

:: 30 anos da publicación do único álbum de N.H.U. ::

:: TRECE LÚAS, O NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL POMOVIDO POLA AGG ::

:: PROJECTO [`TREPIA] - Projecto [`trepia] (2009) ::

:: O Último Gaiteiro tradicional de Torres Vedras ::

:: A música tradicional de Ferrolterra en imaxes ::

:: NOISE PROJECT ESTREAN DOUS TEMAS DE ADIANTO DO SEU VINDEIRO DISCO ::

:: Novo disco en Ghastas Pista: GS21 - Isolma ::

:: Novo disco dos Milladoiro é o hino da euroregião ::

:: Presentación do libro O vestido de onte ::

:: O Arquivo Nacional dixitalizará os fondos de Roxelio Groba ::

:: As gravacións da música galega (1975-2000) - Xaime Estévez ::

:: Ouvirmos presenta o libro-disco `Itinerarios Histórico-Musicais. Ourense´ ::

:: A Fundación 10 de Marzo presenta o Libro "SONATA DE AMIGOS", de Benedicto García Villar ::

:: Vicente Araguas revelará `O que non contei en Voces Ceibes´ ::

:: `Os soños que volven´ - Novo disco de Susana Seivane ::

:: Kastomä: Novo disco en Nadal ::

:: SOM DO GALPOM EDITARÁ CON FALCATRUADA O SEU PRIMEIRO LP EN PRIMAVERA ::

:: La Voz lanza unha colección de libro-discos de música tradicional ::

:: Presentación do CD Son de Rianxo ::

:: Roi Casal presenta o seu debú en solitario - Lendas Douradas ::

:: Xa á venda `Vellas Artes´, o novo disco de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero ::

:: A Quinta das Lágrimas, o novo disco de Milladoiro, estará á venda a partir do 24 de novembro ::

:: Presentación de Itinerarios Histórico-Musicais en Lugo, Ourense e Vigo ::

:: Dous libros analizan a identidade e a presenza galega en Arxentina e Cuba ::

:: Ouvirmos organiza un videocasting a través de internet para seleccionar artistas ::

:: Presentación do libro `Miro Casabella e a nova canción galega´ en A Coruña ::

:: Isolma. CD e DVD de GS21 ::

:: Galaxia edita de Xan Fraga o libro `Miro Casabella e a Nova Canción Galega´ ::

:: Xa está na rúa o número 32 da `Revista Atenea´ ::

:: Xa está online A Grileira Nº10 ::

:: GZ POP! na revista catalá ENDERROCK ::

:: Presentado o libro CD-DVD de Cantos en Contos ::

:: PAI Música editará Cantos na Maré ::

:: Ecléctica Ensemble saca un novo disco de fusión ::

:: Buscando poemas musicados (en galego ) ::

:: Xornal :Presentan no Clube de Prensa un número de Cartafolk adicado a Berrogüetto ::

:: Un disco-libro para nenos recupera a tradición do Nadal en Galicia ::

:: Un cedé recolle gravacións realizadas polo coro De Ruada no ano 1929 ::

 

 




 

Voltar á páxina principal