>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 



Coanhadeira en rede con 'Haique' e 'Po'
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 16 / 3 / 10 )



Gañadores do concurso folk internacional 'Escenario PRAU 2009', en Cantabria, o grupo ourensán presenta xa o seu segundo traballo discográfico.

Dicíaselle "coanhadeira" nalgúns recunchos do país ás persoas, ou á mesma vasoira empregada para separar e recoller os restos que quedaban na aira logo das mallas. A palabra acaeulles a un grupo de ourensáns para poñer a andar en 2006 o seu proxecto musical, segundo explican, tratando de recoller tamén "eses restos da malla que sofre a nosa cultura musical, restos sempre aproveitábeis".

Nado como grupo de gaiteiros para armar festa, a formación musical clásica dalgúns deles mesturou coa experiencia na música tradicional e folk doutros e non renuncian á experimentación: "Engádense instrumentos non tradicionais, e sérvese todo cun claro sentimento de pertenza a unha cultura diferenciada, demasiado rica e valiosa como para renunciar ás súas peculiaridades, e sen necesidade doutros engadidos".

Desde o seu nacemento, Coanhadeira suman un feixe de actuacións en escenarios diversos, a musicalización da obra de títeres 'Os barballocas' e o triunfo na sección folk do primeiro concurso Nsaio no Camiño. Na Radio Galega gravaron a súa primeira maqueta en 2007. En 2008 gañaron o XI Concurso Folk Radio Obradoiro, grazas ao cal gravaron o primeiro disco: 'Haique. Máis recentemente, triunfaron no concurso internacional "Escenario PRAU 2009", en Cantabria, o que lles permitiu gravar o seu segundo álbume, 'Po'. No espazo web en Myspace de Coanhadeira poden ampliar información.



Noticia enviada por Suso

- Coanhadeira -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal