>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Segundas Xornadas de Música Tradicional en Ponferrada (O Bierzo)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 11 / 3 / 10 )





A Asociación Cultural Abelladeira organiza as “2as Xornadas de Música Tradicional” que terán lugar os días 31 de marzo, 1, 2 e 3 de abril de 2010 en Ponferrada (O Bierzo).
Hai 7 obradoiros:
Canto e pandeireta: Montse Rivera
Gaita galega: Dani Bellón
Baile tradicional galego: Calixto Albán Laxe (Tito)
Percusión tradicional: Lola Fernández e Miguel Fraguas
Rabel: Xuacu Amieva
Afinación e empalletado: Amado Cubero
Chifla e tamboril: Diego Segura Taboada

Ademáis dos obradoiros das Xornadas, celebraráse catro días de concertos, actuando
Brandal, a Banda de Gaitas da Escola Municipal de As Pontes, Galundum Galundaina, o Grupo de Danzas e Gaitas "El Castro" de Columbrianos, Os Roncos do Diabo, a Banda de Gaitas Abelladeira, o Cuarteto de Profesores Dani Bellón, Lola Fernández, Miguel Fraguas e Edelmiro Fernández e Os Carunchos.

Por otra banda, celebraráse unha exposición de artesanos e luthiers de instrumentos tradicionais participando X. Miguel Mosquera, Xosé Vazquez "Che", Diego Segura Taboaba, Cristóbal Prieto Otero, Miguel Blanco Álvarez, Fernando Sancho e Angel Pueyo , José Luís Reñón, Pablo Meiriño, Alex Meiriño, Xaime Rivas Dacosta, Victor Felix, Mario Estanislau e Paulo Prieto.
Ademáis as Xornadas presentará a exposición de instrumentos medievais e tradicioais do Obradoiro de instrumentos populares da Deputación de Ourense.

Máis información en:
http://jornadasmusicatradicional.blogspot.com/

Un Saúdo,
A Organización,




Noticia enviada por Xavier Abelladeira

- obradoiros- cursos- gaita- baile tradicional- rabel- canto- pandeireta- percusión tradicional- -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal