
Sábado 13 de Marzo ás 20 h.30 Auditorio Municipal de Cangas
COLECTIVO ZECA AFONSO: GRUPO NA VIRADA ( Galiza) - Maria Xosé López: voz, zanfona, cavaquinho, percusión. - Xico de Carinho: harmónicas, berimbau, percusión. - Humberto Heredia,: guitarra,voz - Rodri Martínez:, percusión galega, caixa, djembé.
JOSÉ PUMAR, (Galiza), voz, flauta, acordeón e percusión galega TINO BAZ (Galiza), voz, guitarra, zanfona, gaita e percusión galega ANA RIBEIRO (PORTUGAL), voz, guitarra
Este Coletivo constituiuse no ano 2009 para interpretar e dar a coñecer a obra deste fundamental cantor e compositor da música portuguesa, adheríndose, asemade, ás conmemoracións e ao Manifesto do 80 aniversario do seu nacimento (Agosto-2009-2010) da Asociación José Afonso de Portugal (AJA) (http://80anosdezeca.blogspot.com)
O Colectivo Zeca Afonso ofrecerá unha significativa mostra do repertorio de José Afonso nos seus diferentes estilos e épocas ( baladas, cantos de intervención ou de protesta, populares, solidarias,...). como Os Vampiros, Canto moço,Menino do Bairro negro,Alípio de Freitas, Balada de outono, Traz outro amigo também,A morte saiu à rua, Cantar galego, ou Virá de Coimbra, entre outros. Para rematar, todos os membros do Colectivo cantarán os temas: “O que faz falta” e o “ Grândola,vila morena”,.himno- contraseña que deu inicio á Revolución dos Caraveis e derrubou a dictadura salazarista. José “Zeca” Afonso mantivo um forte vínculo coa Galiza, por mor das súas amizades, das súas actuacións e do seu enorme interes pola cultura e o idioma galego, como amosa o texto enviado á organización da Homenaxe Galiza a José Afonso, celebrado no Parque de Castrelos. Vigo,1985, disculpando a súa asistenza debido á súa avanzada enfermidade.
-“APROVEITO ESTA OPORTUNIDADE PARA MAIS UMA VEZ AFIRMAR A MINHA GRANDE AMIZADE PELA TERRA E PELO POVO GALEGO COM O QUE AO LONGO DE ANOS MANTIVEM AS MELHORES RELAÇOES, E PARA MANIFESTAR TAMBÉM A MINHA INTEIRA SOLIDARIEDADE COM A LOITA PELO RECONHECEMENTE EFECTIVO DA LINGUA E CULTURA GALEGA”. José Afonso AZEITÃO, 30 AGOSTO 1985
N.B.-JOSE AFONSO EN CANGAS. Neste 2010 cúmplense 30 anos da actuación de José Afonso en Cangas. Foi no xa desaparecido Cine Calvar, um dia de Agosto do ano 1980.
|