>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

ST Música Presente, un ciclo de concertos destinados aos expertos da industria
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 10 / 3 / 10 )



A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) presentou onte o programa ST Música Presente, no que cede o seu escenario no Salón Teatro de Santiago para que os grupos galegos poidan promocionar os seus traballos discográficos mediante actuacións en directo. A primeira será o o vindeiro 18 de marzo, cun concerto do grupo Linho do Cuco, e seguirán, ata finais de abril, Anxo Lorenzo, Emilio Rúa, ílvaro Vieito Cuarteto, Ophiusa e Bellón Maceiras Quinteto.
Este ciclo pretende contribuí­r á difusión da música galega desde unha perspectiva de promoción comercial, xa que os principais destinatarios dos concertos de ST Música Presente serán programadores culturais, promotores de festivais e certames de música, distribuidores, prensa especializada e demais axentes culturais, tanto galegos como de fóra de Galicia.
A iniciativa, deseñada e promovida pola Agadic en colaboración con AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas), comeza centrada en grupos de folk, canción de autor e jazz, pero a idea é poder dar cabida a todos os concertos de artistas galegos que soliciten ser incluí­dos dentro deste formato.
As propostas deberán estar sempre enfocadas á presentación de novos traballos discográficos ou á organización de eventos musicais extraordinarios ”“ben por unha especial combinación de artistas ou ben por un repertorio especí­fico”“, pero nunca como parte dunha xira de concertos convencional.
ST Música Presente iní­ciase cun primeiro ciclo de seis concertos promovidos polas empresas discográficas Nonsí­, Zouma, Falcatruada, Nalgures Producións e Abada. A primeira das citas será a do grupo Linho do Cuco o 18 de marzo, á que seguirán as actuacións do gaiteiro Anxo Lorenzo o 24 de marzo e de Emilio Rúa o 26 de marzo. Xa en abril, tocarán ílvaro Vieito Cuarteto (dí­a 20), o colectivo Ophiusa (dí­a 27) e Bellón Maceiras Quinteto (dí­a 30). Deste xeito, a música popular, a canción de autor, o jazz, o folk tradicional e o folk fusión protagonizarán a primeira quenda de recitais deste novo programa, que conta con ter máis edicións despois do verán, para contribuí­r a enriquecer a programación do Salón Teatro.
 
DAS RíšAS AOS ESCENARIOS
Linho do Cuco, o grupo que inaugurará este novo ciclo para a semana, naceu en forma de cuarteto de pasarrúas, até converterse no que é a formación actual: unha sorte de “murga” tradicional, á que engaden sonoridades coma as da zanfona ou o acordeón diatónico, segundo eles mesmos se definen.
Nos seus comezos o grupo tiña como obxectivo recoller e recuperar a música tradicional das terras de Tabeirós e de Montes. Co paso do tempo, mantí­vose unicamente o grupo de gaitas, que se foi enriquecendo con outros instrumentos ata formar unha especie de murga ou orquestina, como as que se podí­an escoitar en Galicia a comezos do século pasado. O truco das mesturas deste Linho do Cuco radica na forza da acertada combinación de timbres sonoros (tuba, clarinete acordeón diatónico”¦), co cal é practicamente imposible que o público non mova os pés ao escoitar unha das súas pezas musicais.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal