>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Cristina Pato de xira por India co mestre da tabla hindú Sandeep Das
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 6 / 3 / 10 )





Cristina Pato continúa abrindo horizontes para a gaita galega. Durante a primeira quincena de Marzo Cristina encóntrase de xira pola India invitada polo Hum Ensemble e Sandeep Das. A xira, que tamén conta cos percusionistas Mark Sutter e John Hadfield (EEUU) e a estrela do Sheng chino Wu Tong, comenzará o 7 de Marzo no prestixioso Kamani Auditorium de Nova Delhi para logo viaxar a cidades como Patna e Calcuta.
Cristina e Sandeep son membros do Silk Road Ensemble de Yo Yo Ma; a primeira vez que traballaron xuntos foi no ano 2006 co gallo do concerto do SRE no Carnegi Hall (EEUU), concerto ao que Cristina foi invitada a estrear a obra Air to Air de Osvaldo Golijov. Desde aquela, Cristina e Sandeep coincidiron tocando nas Nacions Unidas e no Lincoln Center, entre outros. Esta vai ser a primeira vez que a gaita de Cristina e a tabla de Sandeep se xunten na India...


- Cristina Pato -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal