
A
AFI de Pontevedra é a sección infantil do Centro Galego de Música Popular,
aCentral Folque.
A
AFI nace no curso 2002/2003, ofertando un ensino creativo, diversificado, aberto, experimentador e revolucionario sen parangón no ámbito da educación musical galega.
Pretende ser un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música.
Os cursos están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 5 e 13 anos.
Horarios
A
AFI imparte as súas aulas os venres á tarde
O
Laboratorio de Sons os sábados á mañá
Onde está
Nas aulas do antigo Conservatorio de Música de Pontevedra
Alfonso XIII, 7
36001 Pontevedra
Teléfono: 698 169 372
Obxectivos
- - Ofertar dun xeito integrado o ensino da música tradicional galega nas súas catro vertentes principais: canto, percusión, baile e melodía instrumental.
- - Pór a disposición do alumnado aulas e espazos creativos coma o laboratorio e o estudio de gravación onde poidan desenvolver e autoxestionar as súas capacidades compositivas e creativas.
- - Ampliar a escasa oferta de centros de produción artística infantil existentes no ámbito galego.
- - Facer que a AFI sexa un espazo accesíbel aos nenos máis desfavorecidos economicamente. Así, en 2008 ábrense seis prazas para familias sen recursos.
- - Achegar a tecnoloxía dixital e o software libre ao público infantil partindo das gravacións e manipulacións das súas propias músicas e imaxes no estudio audiovisual da AFI.
- - Proseguir co proceso de desenvolvemento e consolidación de existencia da Compañía Infantil AFI.
- - Manter o contacto permanente con outros espazos de ensino musical e artístico, a través de aCentral Folque e asociacións culturais coma Alg-a.org, Olho Livre ou Paspallás.