>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 



O Laboratorio de Sons sae á rúa
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 13 / 2 / 10 )



O sábado 13 de febreiro os nenos e nenas do Laboratorio de Sons farán unha saída á Praza da Ferrería co gallo da celebración de Entroido. A actividade comezará a partir das 11 da mañá. Levarán instrumentos, irán disfrazados, tocarán e cantarán cancións populares, mofaranse agarimosamente de calquera que pase por
alí, invitando ós paseantes pontevedreses a unirse á festa. Irán cos mestres da AFI e do Laboratorio Jose, Xurxo, Gema e Pepa.




NOVAS RELACIONADAS:



Aula Folque Infantil de Pontevedra
http://folque.com/centro.php?txt=arbore_web28&lg=gal#




A AFI de Pontevedra é a sección infantil do Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque.

A AFI nace no curso 2002/2003, ofertando un ensino creativo, diversificado, aberto, experimentador e revolucionario sen parangón no ámbito da educación musical galega.

Pretende ser un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música.



Os cursos están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 5 e 13 anos.



Horarios


A AFI imparte as súas aulas os venres á tarde



O Laboratorio de Sons os sábados á mañá



Onde está


Nas aulas do antigo Conservatorio de Música de Pontevedra



Alfonso XIII, 7

36001 Pontevedra

Teléfono: 698 169 372



Obxectivos


  • - Ofertar dun xeito integrado o ensino da música tradicional galega nas súas catro vertentes principais: canto, percusión, baile e melodía instrumental.

  • - Pór a disposición do alumnado aulas e espazos creativos coma o laboratorio e o estudio de gravación onde poidan desenvolver e autoxestionar as súas capacidades compositivas e creativas.

  • - Ampliar a escasa oferta de centros de produción artística infantil  existentes no ámbito galego.

  • - Facer que a AFI sexa un espazo accesíbel aos nenos máis desfavorecidos economicamente. Así, en 2008 ábrense seis prazas para familias sen recursos.

  • - Achegar a tecnoloxía dixital e o software libre ao público infantil partindo das gravacións e manipulacións das súas propias músicas e imaxes no estudio audiovisual da AFI.

  • - Proseguir co proceso de desenvolvemento e consolidación de existencia da Compañía Infantil AFI.

  • - Manter o contacto permanente con outros espazos de ensino musical e artístico, a través de aCentral Folque e asociacións culturais coma Alg-a.org, Olho Livre ou Paspallás.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal