>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

BURATOS - Novo Videoclip de Ruxe-Ruxe
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 5 / 2 / 10 )



VELAQUÍ O NOVO VIDEOCLIP!!!!

ESTREA MUNDIAL!!!! Aquí tendes Buratos, o primeiro videoclip do disco "Na fura de diante"!!!! Feito e aquelado por Pixel Films e escrito e dirixido por Jairo Iglesias (que son, todos, absolutamente brutais!!!). O prota é o xenial Marquinhos Drinkin, dos Medomedá!! (e nos tamén saímos facendo o cheíñas, polo video!!)

Estamos absolutamente emocionados co video, e esperamos que vos guste o mesmiño que nos gustou a nós!!!

E temos que pedir un berro moi forte, e darlles moitas moitas moitas grazas, e pedirlles mil disculpas á xente de Pixel Films (www.pixelfilms.es) polo ben que nos trataron, polo ghuapiños que nos sacaron, pola paciencia que tiveron con nós e polo enormísimo traballo que fixeron, do que estamos moi moi orgullosos!!! Miles e miles de grazas, a todos vós, xente!!!!!!


Flipáchedes co trailer?? Ides alucinar co videoclip!!!

Con todos vós: Buratos!!!!

BURATOS (Ruxe-Ruxe) from Pixel Films on Vimeo.





- Ruxe-Ruxe -


NOVAS RELACIONADAS:



Vieiros: Galiza Hoxe - Os Ruxe-Ruxe adiantan o seu disco na web e presentan vídeo
http://www.vieiros.com/nova/78159/os-ruxe-ruxe-adiantan-o-seu-disco-na-web-e-presentan-video


A banda de Aríns (Compostela) Ruxe-Ruxe prepara un novo disco, o sétimo: Na fura de diante. Presentarase oficialmente o 6 de marzo na Sala Capitol, o mesmo día que sairá á venda. Mais, como adianto, xa nos ofrecen tres dos seus temas, de balde, na súa web, e mais un vídeo clip.

O traballo audiovisual, Buratos, está dirixido por Jairo Iglesias e protagonizado por Marquinhos Drinkin, dos Medomedá, e polos propios Ruxes. Por outra banda, Na fura de diante exponse como "15 latexos dun corazón vello e consumido" e "un arrebato de creatividade" que conta cun novo estilo grazas á produción de Javier Abreu.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal