>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

IV Noite de Fiadeiro

(ultima actualización: 3 / 2 / 10 )





En Rebulir xa andamos cos preparativos da IV Noite de Fiadeiro, que como ven sendo habitual se celebrará o derradeiro Sábado de Abril, este ano día 24.

Podemos ir avanzando algunhas das novidades, como que o encargado da realización do cartaz desta edición será o coñecido pintor Vianés Angel M. Rodríguez, máis coñecido como Piquico, tamén procuraremos ampliar as actividades a toda a xornada con novidades como será o Campionato de Futbol Chapas ou a Animación de rúas.

Todos aqueles grupos de Música Tradicional que esten interesados en vir tocar esa noite ata Ramirás que contacten con nós por medio de rebulir@hotmail.com, e nos envien os seguintes datos:

* Nome do grupo:
* Número de Compoñentes:
* Persoa de Contacto:
* Lugar de procedencia:
* Teléfono:
* Correo Electrónico:

Enviamosvos nos seguintes enlaces algúns dos vídeos da pasada edición:

- http://www.youtube.com/watch?v=6NKQMpbJFv8
- http://www.youtube.com/watch?v=ZWi9Pp00fgQ&feature=related
- http://www.youtube.com/watch?v=bHQEGeMK-jE&feature=related
- http://www.youtube.com/watch?v=8fYUIJ7I94U&feature=related
- http://www.youtube.com/user/rebulir#p/u/8/m-I4XyiPKKA

Para máis información podedes consultar o noso blog, www.rebulir.blogspot.com ou ben no teléfono 639 90 80 05. Iremos avanzando máis detalles segundo se achegue a data.

Recibide un saúdo dos Rebuldeir@s!


- Rebulir -
- O Fiadeiro -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal