>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

VI Mostra de Cuartetos
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 13 / 1 / 10 )





EXPOSICIÓN ( do 15 o 30 de Xaneiro )

A exposición terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres de Marín, está integrada por fotografías, referencias visuais da súa zona de influencia e todo elo acompañado de fichas explicativas que faciliten a súa comprensión. A exposición permanecerá aberta durante toda a mostra. O Horario do museo é de 11:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00. Pecha os luns, e os domingos só abre pola mañá. Durante a exposición organizaranse visitas didácticas dos centros escolares que estean interesados e nas que se lles entregará material didáctico.


VENRES 15 DE XANEIRO - 21:00h

MUSEO MANUEL TORRES DE MARÍN

CONCERTO DE " Voces e Gaitas Fusquenllas "

Voces e Gaitas veñen de seu. Veñen de se xuntaren a fame coas ganas de comer. Gaiteiros todos eles con gusto pola música tradicional, do canto e da gaita, e da intersección das dúas formas. E son Fusquenllas na tolería de recuperar a voz humana para a nosa música instrumental, ao xeito que fixeran noutrora dende Pontevedra Aires da Terra de Perfecto Feijoo, e na loita contracorrente da uniformidade, dos xeitos alienantes, da globalización.

Son un cuarteto de gaitas que canta, con dúas voces que reforzan. Son catro a cantar : Bea e Raquel Iglesias, Antón Raposo e Hugo Arias, e máis a repartise na percusión; e dous a tocar gaitas: Emilio Lois e Raúl Galego. Andaron por rueiros e corredoiras tocando en alboradas, foliadas e seráns. Andaron subidos aos palcos en festas e romarías, e nos escenarios de festivais e concertos. Veñen da experiencia de grades e sonoras agrupacións como Cántigas da Terra, Palla Mallada, Brincadeira e de Ultreia e de moitos outros grupos sempre vinculados coa música tradicional. E veñen para se xuntaren na recuperación da calor e do color da voz humana mesturada coas gaitas e a percusión, en pezas de repertorio dos arquivos, cantadas nas aldeas, cantadas nas tabernas, con sinxeleza, con naturalidade.

Voces e Gaitas Fusquenllas



SÁBADO 30 DE XANEIRO

MUSEO MANUEL TORRES DE MARÍN

CHARLA : “ OS COROS GALEGOS ” - 17:00h

CONFERENCIA : “Francisco Landín e Os de Marín” - 18:30h

ACTUACIÓN MUSICAL: Os grupos de Marín tocan pezas de Landín - 20:00h


Noticia enviada por Leonardo Gris

- mostra- cuarteto -
- Brincadeira- Ultreia -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal