>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

EXPOSICIÓN. Unha Ollada ao Pasado. Fotografías Antigas de Ramirás
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 28 / 12 / 09 )





Ás sete da tarde deste domingo, día 27, a alcaldesa de Ramirás, Pilar Otilia López, xunto a outros membros da Corporación deste Concello e o director da Escola Rebulir, inaugurarán a mostra “Unha Ollada ao Pasado” que está organizada por esta escola, e que permanecerá aberta no Centro Sociocultural de O Picouto, Concello de Ramirás, ata o día 9 do mes de xaneiro.

Rebulir sinala que, despois do éxito acadado esta pasada fin de semana polo IV Festival de Baile e Música Tradicional, sigue a programación do Nadal prevista para estas datas. De xeito que agora lle toca o turno a exposición “Unha Ollada ao Pasado”. Un cento de fotografías antigas que foron recollidas no I e no II Concurso de Fotografía Antiga, organizados tamén por esta escola, aportan o material preciso para esta exposición.

Nas fotografías referentes principalmente a Comarca de Terras de Celanova, reflíctense momentos da vida cotía como a malla, a vendima, labores da casa e outras, e festas e bautizos, bodas, entroidos, romarías...

A sala será ambientada con diferentes intrumentos, obxectos e traxes que se utilizaban para o traballo no campo, constituindo así un conxunto que nos fai recordar como era a vida nestas terras fai décadas atrás.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal