>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

No 2010: 25 anos de O Son do Ar

Ver en Facebook

(ultima actualización: 24 / 12 / 09 )





No 2010 "O Son do Ar" cumplirá 25 anos de existencia, e Luar Na Lubre quere aproveitar a ocasión para amosar o seu agradecemento a aqueles que nalgunha ocasión escolleron esta melodía para dar saída ás súas inquedanzas musicais. Dende o aprendiz que decidiu comeza-los seus pasos con esta composición, ata os grupos que a inclúen no seu repertorio; pasando por aqueles que a empregaron como fondo sonoro de calquera actividade artística.

A agrupación galega é consciente de que resulta unha clara testemuña do recoñecemento que teñen acadado a cantidade de
versións que grupos de todo o mundo fan da súa obra. Así, temas como "Chove en Santiago", "Tu gitana", "Memoria da Noite", "Roi Xordo", "Romeiro ao lonxe", "Nau" etc son habitualmente versionados e incluso gravados por bandas e solistas de diferentes estilos e latitudes. (*)

Mais "O Son Do Ar", tema estrela do seu repertorio desde que Luar Na Lubre naceu como grupo, merece unha mención especial. Esta composición de Bieito Romero, no seu momento versioneada tamén polo músico británico Mike Oldfield, pode atoparse xa só en Youtube en arredor de 200 videos, interpretada con diferentes instrumentos como a Harpa céltica, A trompeta, a ocarina, o violín, a guitarra, as quenas andinas, o baixo eléctrico, as frautas de diferentes tipos, distintas gaitas etc e incluso versioneada por bandas que ofrecen a súa visión persoal desta canción que xa colleu carácter internacional.
Como curiosidade é destacable a versión do grupo folk "Harmo" desde Hiroshima ou a súa presencia no videoxogo "Braid" que arrasou en medio mundo recibindo varios premios, algúns deles no ámbito musical, e que inclúe na súa banda sonora "O Son Do Ar" interpretada pola violinista canadiana Shira Kammen.
Todo esto non fai máis que confirmar que Luar na lubre é a banda de folk máis internacional de Galicia. Non en van teñen tocado por todo o territorio galego, en todas as provincias do estado español e en maís de 25 paises diferentes pertencentes a 4 dos 5 continentes. O seu recoñecemento é xeral e alí por onde pasan van deixando pegada de Galicia, da súa cultura e da súa música.

Mentras tanto a agrupación prosegue a súa andaina coa esperanza de tempos mellores nos que se recoñezan os dereitos dos músicos profesionais. Logo da publicación do CD/DVD en directo, "Ao Vivo", presentado como un agasallo para os seus seguidores, e un testemuño para toda a xente que participou nos seus concertos; Luar Na Lubre comeza a perfilar o seu novo proxecto discográfico: unha viaxe de carácter medievalista que abarcaría dende os vellos romances do ciclo bretón ou carolínxio, pasando polas diferentes cantigas de amor e de amigo, as músicas das catedrais ou mesmamente algunha das obras do Rei Alfonso X “O Sabio”. Este vai ser un traballo que segundo eles “Vai dar moito que falar” e que sería a primeira proposta deste estilo que podería divulgar a riqueza musical desta época en Galicia a través dunha grande compañía de discos como é “Warner” (compañía discográfica do grupo desde 1996) e da man dunha banda como Luar Na Lubre que ten a capacidade de chegar a todos os recunchos do planeta.



(*) Luar Na Lubre prepara unha sección no seu portal na que dar a coñecer todas estas versións e aos seus intérpretes. Coa intención, tamén, de crear un punto de encontro entre os músicos. Webs como facebook, myspace ou youtube están servindo de gran axuda nesta recopilación, para a que o grupo pon a disposición dos internautas un e-mail de contacto: info(arr oba)luarnalubre.com.

O Son do Ar dende Hiroshima, interpretado polo grupo xaponés Harmo
http://www.youtube.com/watch?v=Lqa-O3D3hxs


Anaco do videoxogo Braid no que se escoita O Son do Ar interpretado pola canadiana Shira Kammen
http://www.youtube.com/watch?v=m3WKz7jXHgQ

http://www.myspace.com/macleinn
(Mac Léinn, Croacia)

http://www.myspace.com/gulfstreamvarna
(Gulfstream dende Varna, Bulgaria)

http://www.myspace.com/bodhranizm
(Roi Xordo polo xaponés Takeaki Nagahama)

http://www.myspace.com/librapl
(Nau e Romeiro ao Lonxe polo grupo polaco "Libra")

e máis no enlace do facebook.



Noticia enviada por Foliadeiro



NOVAS RELACIONADAS:



Vieiros: Galiza Hoxe - Recunchos para O Son do Ar, de Xapón a Croacia pasando por Bos Aires
http://www.vieiros.com/nova/77680/recunchos-para-o-son-do-ar-de-xapon-a-croacia-pasando-por-bos-aires








E máis covers..



O SON DO AR:


http://www.youtube.com/watch?v=f0p2GIdmcPA
(versión con aires andinos, do grupo alemán/peruano Alborada)


http://www.youtube.com/?v=gAsxlQfYjUw
(Gaël, dende Bos aires)

http://www.youtube.com/user/deividknopfler
(dende Avila, Ensemble Anxamás)


http://www.youtube.com/watch?v=wuSJ87EIY8E
(dúo de harpa e quena dende Málaga)

http://www.youtube.com/watch?v=yZpJ5uOGfpE
(os vigueses Cuarteto Provenza)

http://www.youtube.com/watch?v=qGDVV28Qfpw
(dúo de frautas dende as baleares)






OUTROS:

http://www.youtube.com/?v=WHxWL9487WY
(Memoria da noite versioneada por Mago de Oz)

http://www.myspace.com/runic1
(versión metalera de Nau dende Castellón)

http://www.monnturonn.com/Dateien/Monn_Turonn-Hai_quen_di.mp3
(Hai quen di polo grupo italiano/austríaco Monn Turonn)


http://www.youtube.com/?v=04CnzZH3Jug
(Bodhran ruso en Hai un Paraiso)

http://www.youtube.com/watch?v=3cwMBrB3KTA
(Chove en Santiago polo grupo francés "Cuerda y voz")

http://www.youtube.com/watch?v=Xs0TcwDgLdk
(Nau polo grupo brasileiro Kalahamsa)















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 



máis..


:: XXIX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA (A Coruña) ::

:: Quero Cantar - Concurso de música infantil da Deputación da Coruña ::

:: O éxito da resistencia - XII Premios Opinión ::

:: Finalistas XII Premios Opinión: Candidatos veteranos e noveis ::

:: XLVII Concurso de Gaitas de Ponteareas ::

:: VIII Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo ::

:: Carlos Blanco, Talabarte e aCadaCanto na entrega dos 14º premios opinión da música de raíz ::

:: Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña) ::

:: IX Concurso de Maquetas Millo Verde ::

:: XVII Concurso de música tradicional | Xiradela (Arteixo) ::

:: Concurso De Xoves Gaiteiros E Xornadas De Musica Tradicional (O Grove) ::

:: XXX DÍA DA MUIÑEIRA CEE ::

:: Focus GalicianTunes (Compostela) ::

:: III Concurso de Música Tradicional Fogo Fatuo en Rianxo ::

:: XVII Concurso de música tradicional de Xiradela en Arteixo ::

:: SolFa-Concurso Folk en Pazos de Borbén ::

:: V Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés. ::

:: 37º Concurso de baile tradicional Xacarandaina (A Coruña) ::

:: XXIV Festival Río Castro (Narahío. San Sadurniño) ::

:: 1º Concurso de Música Tradicional Soalleira de Dorrón ::

:: LI Concurso de Gaitas do Paí­s (Ponteareas) ::

:: I Concurso de gaita Pinteguiñas (Madrid) ::

:: XV Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere (A Estrada) ::

:: XX Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela (Arteixo) ::

:: Selección de gaita solista para o XXXIV Trofeo MacCrimmon ::

:: VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo) ::

:: XXXIX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina ::

 

:: X Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere ::

:: III Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles. ::

:: Trofeo Maccrimmon de Lorient ::

:: Gala de entrega dos I Premios Galegos da Música Martí­n Códax ::

:: III Concurso de Dúos Gaita-Percusión organizado polo Real Coro ::

:: 1º Concurso de Cabazas na Taberna Café Museo "A Baiuca" (Arteixo) ::

:: VII Concurso de Música Tradicional de Luou (Teo) - Cuartetos Tradicionais ::

:: BASES I CONCURSO DE BANDAS EMERXENTES “CASTAÑAZO ROCK” - Chantada (Lugo) ::

:: Concurso de gaitas de Ponteareas ::

:: XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN” 2013 (Ferrol) ::

:: XIII Concurso de Baile Tradicional Azaloira ::

:: XXIV Concurso de Música Tradiciona de Xacarandaina - A Coruña ::

:: Gala dos XII Premios Opinión de música folk ::

:: 33 Agrupacións participarán no I Concurso de Canto e Percusión Tradicional TraspésT ::

:: IX Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere - A Estrada ::

:: XIV Concurso de Música Tradicional en Arteixo ::

:: I Xornadas de Música Tradicional Cantodorxo en O Grove ::

:: II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos (Ferrol) ::

:: VI Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo ::

:: XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina ::

:: XIII Concurso de Música Tradicional da AX Xiradela (Arteixo) ::

:: VIII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere ::

:: I Concurso de Cuartetos Toxos e Froles ::

:: O Folk Galego nominado aos Premios Mestre Mateo da man de Bieito Romero ::

:: Moaña volve repartir os Grammy galegos - Faro de Vigo ::

:: As festas de San Froilán apostan pola Música Galega ::

:: Pablo Devigo Vázquez gañador do 20º Concurso de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón ::

:: Mañá remata o prazo para inscribirse no concurso do XII Memorial Ricardo Portela ::

:: CONCURSO INTERNACIONAL de COMPOSICIÓN e GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” ::

:: VII Concurso de Baile Tradicional que organiza Tequexetéldere ::

:: FInal do certame Xuventude Crea modalidade Musica ::

:: Trazantes (Tenorio - Cotobade) » Comezo do novo curso 2010-2011 ::

:: Matamá Ensemble gañadores do II Certame de Musica Folk de Plasencia ::

:: REBULIR: III CONCURSO DE FOTOGRAFíA ANTIGA ::

:: Outonalidades: inscrición para o 2010 ::

:: Ateneo Ferrolán: Concurso de composición "Constantino Bellón 2009" ::

:: 7º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: PONTEDEUME: 6º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: Dana Fusión Celta en Bar Barcaza ::

:: Venres 26: "17ª NOITES DE TASCA" en CERCEDA ::

:: 26 de Febreiro, Foliada en As Pontes ::

:: Galiza Non Se Vende » O PORRIñO 2º Parada da II Caravana reivindicativa de GNSV ::

:: QueremosGalego. Multitudinaria manifestación contra o "decretazo" ::

:: Sons miúdos - A MúSICA PARA NENOS AFIANZA A SúA PRESENZA NO NOSO PAíS ::

:: No 2010: 25 anos de O Son do Ar ::

:: X Certame Folk Radio Obradoiro ::

:: Programa do XIX Concurso Intenacional de Gaita Galega `Constantino Bellón´ 2009 ::

:: Concurso de Cuartetos Tradicionais en Teo ::

:: Banda das Crechas...era necessario? ::

:: XXX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina ::

:: Certame Santiaguiño 09. Gaiteiros Solistas e Parellas de Baile Tradicional ::

:: X Memorial Ricardo Portela ::

:: XX Concurso de Baile e Música Tradicional Cantigas e Agarimos ::

:: Som do Galpom presentan o seu primeiro videoclip ::

:: Coanhadeira vencedores do IV Concurso de Música Folk `Escenario Prau´ ::

:: IV Certame de Gaiteiros Solistas `Manuel Dopazo´ ::

:: GALLEGOS EN LA FERIA DEL LIBRO , BsAs ::

:: IV Encontro de Gaiteiros :: Manuel Villanueva ::

:: Axudas a particulares e asociacións para conservar e restaurar bens etnográficos ::

:: :: Gzcrea '09 ::

:: Concurso de pandeireteir@s Xiradela ::

:: GZ Crea 2009 ::

:: VIII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL DE VILAGARCÍA 2009 ::

:: OS FESTICULTORES TROUPE BUSCAN TROMPETISTA ::

:: IX Concurso de baile Tradicional Azaloira ::

:: IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Cataluña ::

:: SUBVENCIÓNS PARA EDICIÓN EN GALEGO DE RECURSOS DIDÁCTICOS NON UNIVERSITARIOS ::

:: X CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL DA A.X. XIRADELA ::

:: Convócase o III Certame de Recolla da Tradición Oral ::

:: Xa se coñecen os beneficiarios do Nsaio Xeral ::

:: CONVOCATORIA DE SEMINARIOS DE MÚSICA, BAILE E COCIÑA TRADICIONAL GALEGA ::

:: II Concurso de Gaitas Nazario González "Moxenas" ::

:: Subvencións ás industrias culturais para o ano 2009 ::

:: II Concurso de Maquetas Millo Verde 2009 ::

:: [DIACRONÍAS, de Lizgairo]: gañador dos VIII Premios Opinión de Música Folk ::

:: PLAZAS DE INTERINIDADE PARA PROFESORES DE MÚSICA, ESPECIALIDADE PERCUSIÓN ::

:: Convocatoria para participación na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña|2009 ::

:: A Coruña contará cun circuíto de música en directo ::

:: A Coruña Son '09 ::

:: 17 de xaneiro en Compostela: Nsaio Xeral ::

:: Fiandola busca percusionista ::

:: Inaugurado o local de ensaio da Guarda ::

:: Certame de Música Tradicional Comarca do Salnés. Memorial Palla Mallada ::

:: A Rede Galega de Musica ao Vivo agora tamén en Catalunya ::

:: XVII Edición do Premio `IAR´ - 22 de Novembro no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña ::

:: Novas Bases e Partitura para o 19º Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón ::

:: PRAZAS DE INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS DE MESTRE GAITEIRO ::

:: Resultado do II CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL DE LUOU ::

:: Gala de Entrega dos VII Premios Opinión de música folk, 3 de Outono ::

:: II CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL DE LUOU ::

:: Aberto o prazo de inscrición na Rede Galega de Música ao vivo 09 ::

:: Pablo Devigo responde ás expectativas e gaña o Constantino Bellón de gaita ::

:: Gaita de Ouro “Constantino Bellón 2008”, ao programa ALALÁ ::

:: PROGRAMA DA CELEBRACIÓN DO XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” ::

:: Continúa `Nsaio No Camiño´ ::

:: Finalistas Constantino Bellón 2008 ::

:: Resultado do concurso " Gaiteiros de Viascón" ::

:: Resultado do I Concurso de Gaiteiros Solistas de Padrón ::

:: Resultado no XI Memorial Manuel Texo ::

:: Resultado no XI Memorial Manuel Texo ::

:: XI Memorial Manuel Texo. Vedra. 20 de Xullo ::

:: Gañadores IX Memorial Ricardo Portela ::

:: I CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS E PARELLAS DE BAILE TRADICIONAL ::

:: IX Memorial RICARDO PORTELA 2008 ::

:: Resultados V certame de gaitas Manuel Villanueva de Poio ::

:: I Concurso de Cuartetos Tradicionais Festas de Ourense ::

:: Concurso de videos ::

:: Bases - Constantino Bellón ::

 

 




 

Voltar á páxina principal