
Este venres 25 a vila de Ordes encherase de cantos de Nadal e panxoliñas a partir das 18:00 h con varios grupos de música tradicional que percorrerán rúas e bares. Por alí estárán "NO CÓMBARO" das Pontes, "OS REICEIROS" da Pontecarreira (Frades), os VECIÑOS DE AIAZO de Frades, OS REICEIROS DE SAN ESTEVO DE CAMPO, de Arzúa, MANUEL VIQUEIRA, o gaiteiro de Vilaverde, de Ordes e RAÚL GALEGO, o gaiteiro nubeiro da Coruña, entre outros. E á noite tedes unha cita no Bar-restaurante" O Rincón do Pincho" (Rúa Alfonso Senra,75) onde poderemos disfrutar da actuación e compaña dun gaiteiro excepcional, con 91 anos cumplidos e máis de 75 tocando: o GAITEIRO FREIXO, d'As Pontes. Despois, coma sempre, FOLIADA ata a madrugada. A Asociación Grupo de Gaitas OS VIQUEIRAS DE ORDES, deséxanvos unhas FELICES FESTAS a todos!
|