>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

IV FESTIVAL B.M.T. REBULIR E ACTIVIDADES DE NADAL
www.frouma.com

(ultima actualización: 14 / 12 / 09 )





A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir do Concello de Ramirás organiza o IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir que se celebrará o vindeiro sábado 19 de decembro ás 19:00 h no Polideportivo de O Picouto contando coa presenza de grupos chegados desde Galicia, Castela e León, Asturias e Portugal.

Despois do festival celebrase unha Foliada onde haberá música con diferentes grupos e queimada para todos os asistentes no bar “Onde Queiras” de Celanova as 00:15 h

O domingo 27 de decembro inaugurarase ás 19:00 h a exposición Unha Ollada ao pasado. Fotografías Antigas de Ramirás coordinada por Sandra González Sousa no Centro Sociocultural de O Picouto

O sábado 2 de xaneiro ás 18:30 h celebrarase o Obradoiro de Bailes Tradicionais Agarrados con David Álvarez do Grupo Xalgarete de Vigo no Centro Sociocultural de San Andrés de Vilavidal.

O martes 5 e mércores 6 de xaneiro haberá recuperación dos Cantos de Reis polas casas do Concello pedindo o Aguinaldo.

Segundo a filosofía da asociación, todas estas actividades serán de carácter gratuito para facer extensible a cultura a todo o mundo, polo simple feito de que o propio pobo é o dono do que nos estamos a amosar.

Para saber máis entra en www.rebulir.blogspot.com ou ben chamaa ao teléfono 639 90 80 05.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal