>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 



DUF'09. VI Encontro Internacional de Pandeiros de Mao
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 12 / 11 / 09 )



Entre o 11 e o 14 de novembro terá lugar en Pontevedra o VI Encontro Internacional de Pandeiros de Mao, DUF. País convidado: Brasil. Actividades: concertos, obradoiros, exhibicións, charlas, programación infantil. Festival co gallo desta familia de instrumentos con tanta presenza na Galiza (pandeiretas, pandeiras, adufes) e espallada por outras partes do mundo.

Nesta VI edición dase continuidade a unha nova etapa iniciada na pasada edición na historia do festival: o equilibrio entre a oferta ao público especializado e o público xeral.

Sen descoidar a programación de actividades para investigadores e músicos -obradoiros para profesionais, presentación de publicacións especializadas...-, o Encontro oriéntase principalmente cara todos os públicos. Aínda que contaremos con varias localizacións (Teatro Caixanova e Museo Provincial), as actividades estarán centralizadas na Haima DUF , situada na praza do Teucro.

O pandeiro en Brasil

DUF remarca a relación cultural entre Galiza e outros pobos que tamén empreguen os pandeiros de mao na súa tradición. DUF destacou na edición pasada a tradición musical árabe, pobo que introduciu na Península este instrumento, o máis popular en Galiza dos últimos mil anos. Este ano, continuamos esta liña de universalidade que conecta Galiza con outras partes do mundo por medio da música e miramos cara Brasil, país que adaptou o pandeiro levado polos colonizadores portugueses e o levou a cotas de grande calidade e evolución, como se pode ver na música de samba ou de capoeira.

A súa presenza reflictirase na presenza dos seus artistas no palco e de colectivos de inmigrantes asentados no noso país.
De Brasil traemos a Marcos Suzano , virtuoso o renovador da técnica moderna do pandeiro naquel país. Ofrecerá un concerto a dúo con Alex Meirelles e unha master class para músicos. O concerto en teatro deste ano complétase con Con Canto Donaire , pandereteiras de Coruña.

Ao Encontro de... e representando a cultura de Brasil, Renato Spencer, multiinstrumentista afincado en Vigo ofrecerá, canda Xulio César e Peter, especialistas tocadores de pandeiro estarán na Haima DUF pra conversar cos asistentes sobre este instrumento naquel país nunha exhibición; o colectivo de batuke Bloquinho da Salgueira animarán as rúas de Pontevedra e o grupo Arte Negra, cunha roda de Capoeira. Haberá presenza de asociacións de inmigrantes brasileiros e árabes.

Ademais estará Carlos Núñez para falar sobre a súa experiencia musical no Brasil.

Repite este ano o exitoso obradoiro de construcción de adufe con Carlos do Viso Fai o teu Pandeiro! .

Como colofón, o xa tradicional Serán Urbano, palco aberto a tocadores e tocadoras para bailadores e bailadoras na praza do Teucro.

Programa

mércores, 11 de novembro

Hora: 20:00

venres, 13 de novembro

Hora: 16:00

sábado, 14 de novembro

Hora: 10:00

Hora: 20:00




Noticia enviada por foliadeiro

- pandiero -
- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal