>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



Milladoiro, 30 anos de xira
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 12 / 11 / 09 )



Cando cumpre tres décadas o grupo lembrará os temas clásicos do seu repertorio nas actuacións previstas en Vigo, Lugo, Ourense e A Coruña.

Hai 30 anos que con A Galicia de Maeloc se puña en marcha o grupo máis influí­nte da historia do folk galego. Despois de tres décadas de éxito dentro e fóra do paí­s, Milladoiro bota a vista atrás e fai un “aceno á nostalxia” para recordar o mellor do seu repertorio na xira “Dende Maeloc”, que os levará a Vigo, Lugo, Ourense e A Coruña.

Nos concertos incluirán pezas do seu último disco, pero sobre todo temas clásicos recuperados dos 20 álbums editados desde 1979. A xira comeza o 20 de novembro en Vigo, e continuará o 30 deste mes en Lugo, o 19 de decembro en Ourense e o 20 de decembro na Coruña. Nos concertos participarán todos os músicos que pasaron pola banda e continúan en activo, como Rodrigo Romaní­, Laura Quintillán e Roi Casal.

A banda é consciente do papel que xogou na renovación da música tradicional e folk galega das últimas tres décadas. Na presentación da xira, Moncho Garcí­a amosouse satisfeito por formar parte “do patrimonio de Galiza, como así­ o considera moita xente” e por “sacar da UVI” a música tradicional galega, á que o grupo ví­a como un “campo abandonado” cando iniciou a súa carreira. Os membros do grupo tamén expresaron o seu orgullo por “facer paí­s” ao representar a Galiza en lugares como Xapón, Estados Unidos, Canadá e Sudamérica.


- Milladoiro -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal