>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Cuarteto Caramuxo presenta `Tiruriru´, o pracer de facer música
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 29 / 10 / 09 )





Frescura, orixinalidade e esmero. É o que nos regala o Cuarteto Caramuxo nos trece temas que forman Tiruriru. Felipe Agell (clarinete en Si bemol), Xoán Carlos Vázquez (clarinete en Si bemol), Óscar Prieto (clarinete en Si bemol e baixo), Fernando Abreu (clarinete baixo e requinto en Mi bemol), Patricia Cela (percusión) e Alonso Caxade (acordeón) súbense ao escenario para reinterpretar melodías tradicionais recollidas nos cancioneiros galegos, xunto con composicións de autores contemporáneos de Galicia feitas expresamente para o grupo, e melodías inspiradas noutras culturas, no jazz e no pop.

Dende o 13 de outono esta á venda un disco gravado ao vivo nos meses de xullo e agosto, tras gañar por unanimidade o premio do Festival Folk Cancioneiros organizado no 2008 pola Fundación Pedro Barrié de la Maza.

O Cuarteto Caramuxo formouse en 1990; case vinte anos de mestura de formacións académicas e bagaxes musicais moi variadas, que van dende a música clásica ata a contemporánea pasando pola música tradicional, a pedagoxía ou a musicoterapia. Os seis compoñentes deste experimentado grupo ofrecen unha posta en escena festiva e singular repleta de acenos de coidado ao público.

E agora, Tiruriru, a declaración do pracer de facer música.





- Cuarteto Caramuxo- Falcatruada -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal