O ciclo Revelando Voces pecha este mes de maio a súa segunda edición achegándonos á música máis nova que se está a facer na comarca compostelá. Con esta iniciativa, promovida pola Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela e nos centros socioculturais da cidade, preténdese proporcionar un espazo aos novos cantautores para achegalos ao público e dalos a coñecer. Nesta segunda edición de Revelando Voces, son oito as agrupacións que están de xira por Compostela, cada unha con varios concertos programados.
O lugar elixido para esta particular posta de largo da música urbana galega son os centros socioculturais de Compostela, que se converten por segundo ano consecutivo no punto de reunión para todos aqueles que buscan coñecer qué se está a facer na nova escea musical do noso país e cales son as apostas de futuro ás que haberá que prestar atención nos vindeiros meses. Deste xeito, o II ciclo Revelando Voces achega a Compostela a grupos novos que nos presentan propostas frescas e novidosas. Así, neste mes de maio poderemos gozar das seguintes actuacións, sempre ás 21h, de:
-O Leo i Arremecághona!!!, mércores 7 de maio no Centro Sociocultural de Conxo -S.A.R, xoves 8 de maio no Centro Sociocultural As Fontiñas -S.A.R, mércores 14 de maio no Centro Sociocultural O Castiñeiriño -Héctor Lorenzo, xoves 15 de maio no Centro Sociocultural San Pedro -Miguel Alonso, mércores 21 de maio no Centro Sociocultural de Conxo -O Leo i Arremecághona!!!, xoves 22 de maio no Centro Sociocultural O Castiñeiriño -Détour, mércores 28 de maio no Centro Sociocultural San Pedro -Ataque Escampe, xoves 29 de maio no Centro Sociocultural de Vite
|