>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Hoxe en ALALÁ, "Emilio do Pando"
Fonte / Máis información



ALALÁ
”Emilio do Pando”

Emilio do Pando é todo un referente na música popular galega e a el estará dedicada esta nova edición de “Alalá”. Emilio é un virtuoso da gaita e un dos poucos músicos que domina a trompa galega, un instrumento de gran tradición na zona da Fonsagrada, onde sempre viviu. Con el, os telespectadores descubrirán os segredos da trompa e mesmo poderase escoitalo tocar acompañado polo seu sobriño, Daniel, a quen considera o seu sucesor. Pero ademais coñeceranse as múltiples facetas deste home a quen músicos da talla de Rodrigo Romaní ou Bieito Romero consideran un mestre.

Aínda así, Emilio non viviu da música; a súa foi, e segue sendo, unha vida con moitos matices: foi xastre, vendeu electrodomésticos, percorreu boa parte da Fonsagrada sendo carteiro, dá clase de música e ata fixo algún papel para o cine. Pero este home, que é quen de sacarlle melodía ata á casca dun carolo, leva a música dentro desde neno. Namorouse da gaita con pouco máis de dous anos cando lla viu tocar a un gaiteiro da zona pero, como Emilio era o máis pequeno dunha familia con dez fillos, tivo que conformarse cunha trompa.

Xa cando era adulto, por fin mercou a súa primeira gaita e agora aos seus 74 anos, segue aprendéndolle a rapaces, mozos e mozas que se achegan ata a Fonsagrada. De todo isto falará neste programa no que tamén se lle verá tocando a gaita cos Amigos da Gaita, que veñen sendo, por suposto, os amigos de Emilio.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal