>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

A CULTURA CIRCULA - Esta semana cara Ourense e Ribadeo
Fonte / Máis información



No apartado musical os protagonistas desta semana serán os hiphopeiros de ordes Dios Ke te Crew, Mercado Negro e Anthony B na noite do venres ás 20:30 en Ribadeo e Mercury Rev, A Banda de Poi e Manuel Seixas Neuroband en Ourense (sábado ás 20:30 horas).

Chévere achegará Tentacular, a espectacular proposta de teatro de variedades con música en directo pola que estan a pasar as voces máis interesantes do panorama teatral galego, que esta semana levantou ovacións nos públicos de Poio e Lugo. Tentacular estrearase o venres, ás 21:30 horas en Ourense, e o sábado á mesma hora en Ribadeo.

O domingo, nas dúas carpas, o Circo-Lar, espectáculo multidisciplinar coordinado pola compañía Berrobambán Teatro, achegará unha programación pensada para disfrutar en familia, cunha proposta integrada de música, circo e teatro. O domingo, ás 17:00 horas.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal