
Na Plataforma Cidadá Queremos Galego do Deza, na que está integrada “O Naranxo”, temos programado celebrarmos o Seminario de Autodefensa Lingüística, dito seminario consiste en tres conferencias cuxos temas e relatores son os seguintes: 1.- María Xosé R. Alvarez , profesora de galego de ensino secundario en Lugo. Falará de sociolingüística. O obxectivo é demostrar cientificamente o retroceso no uso da lingua. 2.- Ruco Alvarez , biólogo e matemático, investigador e docente da USC (campus de Lugo), con ampla experiencia en varias universidades escandinavas e centroeuropeas. Desmontou varias das teses de Galicia B. con argumentos e ideas-forza, así como debullou o concepto de “racismo lingüistico” 3.- Luis Villares , xuíz titular do Xulgado da Fonsagrada , portavoz de Xuices para a Democracia en Galiza . Entre outros aspectos desmontou a teoría da “liberdade lingüística” tal e como a entenden os agresores do galego, e argumentou a insconstitucionalidade de propostas como a segregación do alumnado por razón de língua Como podedes comprobar tanto os contidos como os relatores son de gran interese para todos nós, e para a sociedade en xeral, que está a ser bombardeada constantemente dende os medios de comunicación con prexuizos e mentiras sobre a situación real da lingua e a discriminación do galego e dos galegofalantes. Dito seminario é de balde, e vaise celebrar en Lalín o día 2 de outubro ás 20 horas, no Circulo de Recreo (Casino) de Lalín.
|