
A Cultural do Viso inicia un nova tempada de cursos, obradoiros e actividades culturais na parroquia do Viso (Redondela), actividades estas abertas para todos os veciños de Redondela e dos concellos limítrofes. Neste mes de setembro ábrese unha nova tempada dos xa habituais cursos de gaita galega, pandeireta e percusión, impartidos estes por mestres de recoñecida valía no eido da música tradicional galega. Tamén a partires do mes de outubro ofrecerase un curso de baile tradicional a cargo do mestre Luis Prego. As clases desenvolveranse na Sociedade de Agricultores do Viso a partir do vindeiro martes 6 de outubro. Para anotarse e recibir máis infomación póñense a disposición os teléfonos 658 616 520 e 626 156 872.
|