>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

III Serán do Mar de Rianxo.
www.vaideroda.org

(ultima actualización: 18 / 4 / 08 )



A Asociación de Música e Baile Tradicional de Rianxo “Vai de Roda” invítavos o Sábado 10 de Maio ó III Serán do Mar de Rianxo, que se celebrará no Campo de Arriba da Praza de Castelao sobre as 21:30 en Rianxo.
E xa van 3…sí compañeiros, presentámovos a 3ª edición do SERÁN DO MAR DE RIANXO e estades todos invitados. A única condición é vir con moitas ganas de festa, de bailar e cantar…do resto ocupámonos nós, non faltará comida, bebida e música para que a noite remate cando comece o día. Xa sabedes que o noso escenario está agardando por vos para que todos xuntos fagamos festa a rachar.
Para informarse podedes achegarvos a www.vaideroda.org onde iremos poñendo máis novas sobre o Serán do Mar de Rianxo deste ano que de seguro que dará que falar, asique non podedes perdelo. Agardámovos amigos.



- Vai de Roda -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal