>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

A Regueifa: Facendo memoria (XX): Os Resentidos
Fonte / Máis información



--->Tiña que chegar antes ou despois. Aínda que ademáis deles na movida olívica dos 80 non houbo moita música en galego (apenas algúns temas de Callos Louriña ou Semen Up) a súa sombra é demasiado alongada como para non reivindicalos coma o grupo que levou a nosa música á avangarda. Como hai infinda información de Os Resentidos pola rede adiante limitarémonos a incluir esta reportaxe aparecida na revista Primera Linea de 1987. O xornalista é un auténtico paspán (a que ven incluir a escea de puticlubs viguesa?) pero as verbas de Antón Reixa e Julián Hernández ben valeron o escaneo.
O tema de Os Resentidos que podedes escoitar no Radioblog da coluna dereita, Yuri, Yuri, Yuri, estaba incluido no tan dificil de conseguir EP de 1984, Surfin' CCCP. Un 12" compartido con Siniestro Total que xiraba por completo aorredor da estética soviética que non só empregaron os de Reixa senon locais míticos coma El Kremlin. A capa, cun inédito Reixa ghedelludo, é unha fermosa fotografía de familia dos responsábeis de todo aquelo que moitos non tivemos a sorte de viver.<---














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal