>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Once grupos galegos no Outonalidades'09

(ultima actualización: 19 / 8 / 09 )





Un total de 11 grupos galegos de diferentes estilos musicais actuarán este ano en Portugal nunha nova edición do programa de intercambio entre a Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) e o circuíto portugués OuTonalidades, no que tamén se insiren as actuacións de 6 bandas lusas en Galicia. A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a d’Orfeu Associação Cultural colaboran por segundo ano consecutivo na organización desta iniciativa transfronteiriza, que ofrecerá un total de 47 concertos en Galicia e Portugal entre setembro e decembro.

En concreto, os grupos galegos Aló Django, Banda Potemkin, Bukowski Blues Trío, Carmen Dor, Coanhadeira, De Outra Margem, Lamatumbá, Modulok Trío, Portrait, Som do Galpom e Son+D2 protagonizarán un total de 25 actuacións no país veciño, mentres que os portugueses Comcordas, Olivetree, Samasati, Sofia Ribeiro, Taberna Revisitada e Uxu Kalhus realizarán 22 recitais en Galicia, conformando así un amplo cartel que se desenvolverá en 20 localidades galegas e lusas.

O programa portugués percorrerá 11 dos locais que durante o próximo outono acollerán a décimo terceira edición de OuTonalidades, circuíto musical que promove a asociación d’Orfeu no país veciño. O calendario de actuacións dará comezo o 25 de setembro coa presentación de Som de Galpom na Casa da Juventude de Amarante e continuará até o 19 de decembro, visitando tamén Águeda (Espaço d’Orfeu), Aveiro (Mercado Negro), Chaves (Sala Multiusos), Estarreja (Bar do Cine-Teatro), Évora (Espaço Celeiros), Fundão (Casa da Moagem), Ovar (Café-Concerto do Centro de Arte), Porto (Contagiarte), Tondela (Bar do Novo Ciclo Acert) e Torres Novas (Café Teatro Virginia).

En Galicia, a programación inaugurarase igualmente o 25 de setembro cun concerto da banda portuguesa Taberna Revisitada na sala Aturuxo de Bueu. O cartel estenderase até o 5 de decembro por 9 espazos da Rede Galega de Música ao Vivo, que a AGADIC promove en colaboración coa asociación Clubtura: ademais do Aturuxo Bar, Jazz Vides da Coruña, Pun D’Antón Rock Café da Laracha, Café-Cultural Roi Xordo de Allariz, Sala Run Rum de Ferrol, o Náutico do Grove, Clavicémbalo de Lugo, Pub Gatos de Melide e Auriense Café Cultural de Ourense.


- Outonalidades -


NOVAS RELACIONADAS:



OuTonalidades, música a ambas beiras do Miño
http://www.anosaterra.org/nova/outonalidades-musica-a-ambas-beiras-do-mino-.html#


O venres 25 bota a andar a 13 edición do programa OuTonalidades que até o mes de decembro traerá a salas galegas grupos portugueses e viceversa. En total, o programa inclúe 76 concertos a cargo de 35 grupos de ambos países. O cartel destes ano crece en eclecticismo con propostas que van do jazz ou o tradicional ao experimental ou o fado. Entre os galegos figuran Aló Django, Som do Galpom, Coanhadeira, De outra Margem, Carmen Dor, Modulok Trio e Lamatumbá entre outros.




Ponse en marcha a nova edición de OuTonalidades, un programa musical que por segundo ano consecutivo se fusiona coa Rede Galega de Música ao Vivo para ofrecer até o mes de decembro concertos dunha e doutra banda do Miño. Esta iniciativa transfronteiriza ofrecerá un total de 47 concertos en Galiza e Portugal até finais de ano.

En concreto, os grupos galegos Aló Django, Nanda Potemkin, Bukowski Blues Trío, Carmen Dor, Coanhadeira, De Outra Margem, Lamatumbá, Modulok Trío, Portatit, Som do Galpom e Son +D2 protagonizarán un total de 25 actuacións no país veciño, mentres que os portugueses Comcordas, Olivetree, Samasati, Sofia Ribeiro, Taberna Revisitada  Uxu Kalhus realizarán 22 recitais en Galiza.

O ciclo principiará este venres 25 coa presentación de Som de Galpom na Casa da Juventude de Amarante e continuará até o 19 de decembro, visitando tamén Águeda (Espaço d’Orfeu), Aveiro (Mercado Negro), Chaves (Sala Multiusos), Estarreja (Bar do Cine-Teatro), Évora (Espaço Celeiros), Fundão (Casa da Moagem), Ovar (Café-Concerto do Centro de Arte), Porto (Contagiarte), Tondela (Bar do Novo Ciclo Acert) e Torres Novas (Café Teatro Virginia).



En Galiza, a programación inaugurarase igualmente o 25 de setembro cun concerto da banda portuguesa Taberna Revisitada na sala Aturuxo de Bueu. O cartel estenderase até o 5 de decembro por outros 9 espazos da Rede Galega de Música ao Vivo: Jazz Vides da Coruña, Pub D’Antón Rock Café da Laracha, Café-Cultural Roi Xordo de Allariz, Sala Run Rum de Ferrol, o Náutico do Grove, Clavicémbalo de Lugo, Pub Gatos de Melide e Auriense Café Cultural de Ourense.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- AturuxoBar- auriense- Clavicembalo -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal