>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

A Casa do Coto, despedida
Fonte / Máis información



Hola,

Non me resulta nada fácil informarte do que segue:

Despois de 9 longos anos de funcionamento, chega o momento de anunciar o peche de A casa do Coto.

Foron 9 anos nos que pasaron moitas cousas: presentáronse moitos grupos, moitos discos, realizáronse moitas exposicións, algunha que outra festa ou xornada , …(ver histórico)

A nivel persoal quédome con moitas noites de festa, moitos amigos, moitísimos recordos de momentos inesquecibles, moitísimas satisfaccións.

Non nos podemos despedir sen agradecerlle a tódolos grupos, asociacións culturais, artistas, amigos, camareiros e cociñeiras, veciños, … a súa colaboración desinteresada, sen a cal non serían posibles estes 9 anos de funcionamento.

Está previsto que A casa do Coto cese a súa actividade o próximo domingo día 9 de marzo, se ben está programada unha festa de despedida para o seguinte venres (14 de marzo).





Hata sempre.
Vicente Fernández
A casa do Coto















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- CasadoCoto -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal