>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

ULTRÄQÄNS UN NOVO CONCEPTO MUSICAL NA GALIZA





ULTRÄQÄNS

Collan-se cuarto e metade de quilo de Papaqueixos, 250 gramos de Tres Trebóns, 1 bol de Mol, unhas pingas de caña de herbas forte e que “rasque”, moito folq-rocq dos oitenta e corrente industrial de 380 voltios a esgalla, e metase nun motor de tractor Barreiros de alomenos 90 cabalos… e obtermos a mixtura sonora e ideolóxica de ULTRÄQÄNS.

ULTRÄQÄNS (spiz-folq ou folqabilli) pretenden ocupar o nicho ecolóxico esquecido e a pique de extinguir-se dos vellos seguidores dos festivais de Ortigueira, Pardiñas, Moaña de hai vinte ou trinta anos se os houbese daquela.

Fran Amil (batería), Tino Vilaro (guitarra chekoslovaka) e Antón Díaz (escontrabaixo) fixeron a base coma bós veteranos da batalla roqueira galega, xunto con Aarón Bouzón (frautas, EWI4000s e gaitas) que aportou frescura (é un fresco) e dinamismo (é moi dinámico) a esta banda de 4 musiqäns que non ten ansia de medrar en número, nen moito menos.

Papaqueixos, Tres trebóns, Diplomáticos de Monte Alto, Ruxe-Ruxe, A Turma Angolo-galega, Mol, Skupe-Skapa, Pedras, GS21, Deixa que Xa,… son a tarxeta de presentación destos musiqans conservados en alcool que non dubidarán en dar festa até que fiquen watios!!


ULTRÄQÄNS quere facer unha música o máis directa, honesta e divertente posíbel. Sen máis.








Noticia enviada por CACHISNAMAR













COMENTARIOS:



Brutais en Elviña!!!!!!!
Avisade dos novos concertos que xa tedes clube de fans:

Enviado o 29/1/08 ás 17:12h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal