>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

II CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
Fonte / M�is informaci�n



O II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega celebrarase no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, os días 7, 8 e 9 de Decembro e pretende abarcar todos os ámbitos educativos de música tradicional existentes na actualidade en Galicia e tamén incluír a maioría das disciplinas que se imparten nos distintos centros.

A inscrición ten un custo de 10 € para socios da AGG, da AS-PG, afiliados á CIG e estudantes e de 25 € para outros interesad@s. Poderase levar a cabo a través de correo postal enviando o boletín de inscrición, xunto co xustificante de pago, ó seguinte enderezo:

Rúa Alfonso XIII, nº7 - oficina 8
36002-Pontevedra

ou ben por correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com.

Podedes atopar o boletín de inscrición na páxina web da Asociación de gaiteiros galegos: http://www.gaiteirosgalegos.com


Noticia enviada por patricia













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal