>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

II Festa do Viño da Casa (Saxamonde - Redondela)

Ver en Malmequer

(ultima actualizaci�n: 17 / 7 / 09 )





Un ano máis, Saxamonde prepárase para unha fin de semana de degustación de caldos caseiros. Un extenso e variado programa de actividades acompañará a celebración desta nova edición da Festa do Viño da Casa.

A Asociación Centro Social Deportivo Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde (Redondela) organiza a II Festa do Viño da Casa. A presente edición pretende dar continuidade aos obxectivos marcados hai un ano, así como consolidar e ampliar a iniciativa. A Asociación Cultural “Chan das Pipas” pretende, desde o traballo diario, dinamizar a vida social e cultural da parroquia de Saxamonde e a súa bisbarra. O colectivo desenvolve diversas e variadas actividades ao longo do ano que procuran dar conta dunha maioría de vontades na parroquia. O ampolo elenco de cursos, as festividades anuais celebradas ou as xornadas de convivencia propostas obteñen unha crecente participación por parte da veciñanza da parroquia así como por persoas de toda a comarca.

A II Festa do Viño da Casa terá lugar os días 18 e 19 de xullo e reunirá nesta fin de semana a diversos produtores domésticos de viño de Saxamonde e arredores para que oferten os seus caldos aos visitantes. Calquera persoa que queira poderase achegar para degustar os viños e acompañalos de carne ao caldeiro, polbo e empanada a prezos populares. A Área Recreativa e Chan das Pipas, onde se celebra a festa ten unhas condicións idóneas para o estacionamento e o goce dun entorno natural e agradábel.

Desde a Asociación Cultural “Chan das Pipas” consideramos que celebracións desta natureza poñen en valor a elaboración do viño artesán mais non só. Pretendemos contribuír á promoción de Saxamonde, e Redondela, dinamizando os seus espazos e ofrecendo posibilidades de lecer, ao tempo que potenciamos e renovamos os nosos elementos de identidade cultural.
A II Festa do Viño da Casa conta cunha programación ampliada respecto do ano pasado que inclúe unha exposición de fotografía histórica da parroquia, onde colaboración ducias de veciños; a demostración do traballo do alumnado de diferentes cursos de baile impartidos durante todo o ano; un concerto de música folc coa presenza de OS CARUNCHOS; sesión vermú coa Orquestra de Saxos de Redondela; un xantar popular o domingo e posterior xornada de xogos populares e tradicionais.

A festa terá lugar na Área Recreativa de Chan das Pipas na parroquia de Saxamonde (Redondela) e conta co patrocinio das concellarías de Cultura e Participación Cidadá do Concello de Redondela así como da Comunidade de Montes en Man Común de Saxamonde.

Como chegar: No Alto de Os Valos, na extrema de Redondela con Mos na N-550, vírase cara o Aeroporto. A uns 400 m. tómase á dereita e, 50 m. despois á esquerda. Haberá indicadores dende o desvío da N- 550.


PROGRAMA DA II FESTA DO VIÑO DA CASA

Sábado 18 de xullo:
18:00 Apertura de casetas de viño e petiscos (carne ao caldeiro, polbo e empanada)
Inauguración da exposición fotográfica:
"Xente, momentos e lugares de Saxamonde"
20:00 Demostración da Escola de Baile Moderno de Saxamonde e da Escola de Baile Latino Vigo-Salsa.
21:00 Pasarrúas a cargo do grupo “Os de sempre” de Lavadores
22<:00 Concerto de Música
Pandereteiras “As Tarambainas” de Lavadores
Regueifeiros de Galicia (improvisación en verso)
OS CARUNCHOS

Domingo 19 dexullo:
11:30 Reapertura de Casetas
13:00 Sesión vermú a cargo da Orquestra de Saxos de Redondela.
14:00 Xantar Popular
17:30 Xornada de Xogos Tradicionais e Populares (para cativos e maiores)
19:30 Monicreques a cargo de TANXARINA


Noticia enviada por foliadeiro

- Festa do Viño- Saxamonde -
- Tarambainas -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal