>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

II Festival Antrospinos

(ultima actualización: 10 / 7 / 09 )





O festival que xa leva uns meses sendo 'presentado' a través do ApoloGhit polos rapaces de Jabon Blue coa súa canción Batume xa ten pechado o programa de actuacións que se celebrará os días 31 de xullo e 1 de agosto (venres e sábado) no Campo Maneiro, en Taragoña. Asistirán o primeiro día, Canijos sin Fronteras, Súper Sandwich, Quempallou e Os Tres Trebóns, e o segundo día, Machina, Yoplay, The Homens e The Majestics. A zona, unha coñecida área recreativa na que tamén se celebran as festas do pobo, estará acondicionada para a acampada, con duchas, baños portátiles e puntos de comida e bebida. Polo día haberá actividades varias para que a xente non se aburra.




- Festival- Antrospinos- festivais -












COMENTARIOS:



Únome ao acontecemento! o sitio que teñen préstase moito para a festa e desde logo este ano foron ambiciosos cos grupos! Saúdos a todos

Enviado por Roixordo o 10/7/09 ás 16:58h







Festaaa!!! este ano preséntase emocionante... lin por internet (non recordo a páxina) que vai haber unha especie de tour en matraquillos pola zona, visitando os locais de festa. Saúdos desde Vilanova

Enviado por Onoveiro o 21/7/09 ás 13:26h







Seica vai haber o sábado pola tarde unha procesión de matraquillos polos bares do pobo, con jaiteiros e pandereteiras. Ten moi boa pinta!

Enviado por guiller o 21/7/09 ás 15:30h







Haberá que achegharse, Quempallou agharda por nós!!!!

Enviado por Ghalegha o 31/7/09 ás 11:34h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal