Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


Páxina aberta de
Actualidadesical Galega

XML




   >> Iniciar Sesión  

 


 

Once máis 15, poemas musicados

(nova engadida o día 7/ / 7/ / 09 )



17/7/ 2009. Presentación do libro-disco "Once máis 15" na Feria do Libro de Vigo. Concerto acústico de varios dos participantes. 20.30 hrs. Entrada gratuita.

17 /7/2009. Concerto no Cafe Uf (R/Pracer, 19, Vigo). Presentación de "Once máis 15". Concerto de varios dos participantes. 23 hrs.


Dende a Asociación MusicARTE queremos facervos partícipes dunha boa nova: Acaba de ser publicado o novo traballo producido pola asociación, o libro-disco "Once máis 15", editado por Edicións do Cumio (http://www.cumio.com/).

A relación entre a poesía e a música é evidente (non só na música galega). "Once máis 15" trata de rachar tódolos estereotipos ó redor da musicalización de poemas. Música de autor, pop, electrónica, rock... ¿alguén da máis? Algúns dos músicos máis representativos da actual escea musical galega e outros que claramente representan o futuro da nosa música musican a algúns dos poetas máis representativos da poesía galega pasada e presente. 15 músicos, 11 poetas.
Dentro de moi pouco, comezaremos a presentar este traballo en directo. Imos facer ruido. Moito ruido...

Set-list do disco:

1- Zimmer103 - Se has de chorar (poeta: Alfonso Pexegueiro)
2- Miguel Alonso - Nos ollos teus (poeta: Álvaro Cunqueiro)
3- Ataque Escampe (Galegoz Remix) - Ningún lugar seguro (poeta: Antón Lopo)
4- Miguel A. Suárez - Longa noite de pedra (poeta: Celso Emilio Ferreiro)
5- Xurxo Mares - Non (poeta: Celso Emilio Ferreiro)
6- Fanny e Alexander - Autopoética in progress (poeta: Daniel Salgado)
7- Anxo Rei - Cantarche hei amiga (poeta: Darío Xohán Cabana)
8- Roberto Sobrado e banda - A dama que fala (poeta: Grupo de Comunicación Poética Rompente)
9- Snail - Cunetas (poeta: Luis Pimentel)
10- Meiga do Norte - Ai! (poeta: Curros Enríquez)
11- Julian Ross - A Rosalía de Castro (poeta: Curros Enríquez)
12- David Taboada - Outono (poeta: Manuel María)
13- Elanor - Canción para cantar todos os días (poeta: Manuel María)
14- Fucoxabier - Cantan os galos pro día (poeta: Rosalía de Castro)
15- Nao - A xustiza pola man (poeta: Rosalía de Castro)
Podes compralo xa en http://www.cumio.com/ ó prezo de 15 euros. Nuns días (aproximadamente o 6 de xullo) estará xa dispoñible en tendas. Agardamos que vos guste!!

Noticia enviada por Leonardo Gris

- Once mais 15 -


NOVAS RELACIONADAS:

Poesía e música galegas xúntanse no CD 'Once máis 15'
http://www.anosaterra.org/nova/poesia-e-musica-galegas-xuntanse-no-cd-once-mais-15.html



Tres discos, trece grupos, trinta poetas
http://www.xornal.com/artigo/2009/06/27/suplementos/nos/discos-trece-grupos-trinta-poetas/20090



Un libro+CD une quince poetas e once grupos
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=444580&idEdicion=1298



EDICIÓNS DO CUMIO PUBLICA "ONCE MÁIS 15", UN LIBRO DE POEMAS MUSICADOS
http://www.editoresgalegos.org/gl/actualidad/novidades/amosar/id/549



COMENTARIOS:

 




Engade o teu..

Antes unha preguntiña ben sinxela
(tanteando a robots pesados..)

2 + 2 =

?

Comenta..

 

E identifícate (se queres)

nome:
clave (si es un usuario rexistrado):

Crea a túa conta en Ghastas Pista?.
O rexistro de usuarios está en preparación e fase de probas, pero a intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta.

 

 

 

Atrás.

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal