>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XORNADAS SOBRE O RÉXIME XURÍDICO E FISCAL PARA ACTIVIDADES ARTÍSTICAS
Fonte / Máis información



A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o vindeiro sábado 29 de setembro as "Xornadas sobre o Réxime Xurídico e Fiscal para Actividades Artísticas". Terán lugar no Auditorio da Sede da Fundación Caixa Galicia, en Santiago de Compostela, cun horario de 10:00 a 14:00 horas.

O obxectivo destas xornadas é o de informar das diferentes opcións legais, fiscais e contables das que se dispoñen para exercer actividades culturais. Serán totalmente participativas e abertas para que todos os asistentes plantexen as súas dúbidas.

Dende a AGG cremos que a normalización e a xestión adecuada destas actividades é necesaria para poder ofrecer unhas condicións de traballo seguras e uns salarios dignos.

Para asistir a estas xornadas é necesaria unha inscrición previa que deberá realizarse antes do 27 de setembro. Esta inscrición é totalmente gratuita.

Todos aqueles interesados poderán formalizarla a través do correo electrónico: secretaria@gaiteirosgalegos.com ou ben no teléfono 986 847 074 (Roi ou Patri)














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal