>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Ciclo de Músicas Portuarias. Ferrol'09
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 24 / 6 / 09 )






2º ano do festival que amosa músicas feitas desde os lugares do mundo con cheiro a mar.

Actividades: concertos, paseos musicais pola ría e circuíto de cantos tabernarios. Artistas internacionais de Brasil, Galiza, Bretaña, Francia e Inglaterra.

As viaxes recollidas polos músicos do noso tempo chegan a Ferrol da man do Ciclo de Músicas Portuarias.
Unha cita no mes de xullo con música mariñeira na cidade departamental que, desde as súas orixes na vila de pescadores do Ferrol Vello ao futuro das autoestradas marítimas, ten coma referente cultural o mar.
Na primeira edición do ano pasado estiveron, entre outros Mísia -fado-, Marcelo Mercadante -tango- ou Anabel Santiago -tonada asturiana- que ofreceron un festival de calidade e diversidade.
Este ano ademais dos concertos no Teatro Jofre, haberá outras actividades coma os paseos en barco pola ría con música ao vivo a cargo de dúos instrumentais e un circuíto de tabernas polos barrios de Ferrol onde aínda se canta espontaneamente.
O ciclo terá lugar en Ferrol entre o 4 e o 18 de xullo, concentrando as actividades nas fins de semana. Os concertos terán unha entrada única de 10 € (abono por 20 €. O resto das actividades son de balde
PROGRAMACIÓN
FRED MARTINS (Brasil). Novo e premiado compositor brasileiro presentando o seu último disco “Guanaraba” do 2008. Será a primeira actuación en Galiza deste artista recoñecido internacionalmente.
Teatro Jofre, Sábado 4 de xullo. 21,30 h

UXÍA (Galiza) A gran dama da canción galega presentando o seu disco “Eterno Navegar”, un traballo que mestura sons de países lusófonos e mariñeiros.
Teatro Jofre, Sábado 11 de xullo. 21,30 h

NOLWENN KORBELL (Bretaña). Vangarda do canto en lingua bretoa, unha referencia do atlantismo desde estoutro Finis terrae europeo.
Teatro Jofre, Sábado 18 de xullo. 21,30 h

+ Actividades paralelas:

PASEOS MUSICAIS en barco pola ría os días dos concertos amenizados con dúos de prestixio: Clonmela, Verdegaio e Salix Alba.

CIRCUITO DE CANTOS TABERNARIOS Percorrido polas tabernas e bares dos barrios onde aínda se canta espontaneamente.


Noticia enviada por foliadeiro

- Músicas Portuarias- Ferrol -


NOVAS RELACIONADAS:



Ferrol acolle o II ciclo Músicas Portuarias para recuperar cancións mariñeiras
http://www.galiciae.com/nova/34150.html


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal