A cantante focense recupera ritmos que soaban nas vilas galegas entre os anos 30 e 50
Unha cocteleira inspirada nos ritmos que soaban nas vilas galegas, entre os anos 30 e 50; esa é a proposta que fai Marful no seu primeiro traballo discográfico. O grupo o lidera Ugia Pedreira, unha moza de Vilaronte (Foz), que a pesar da súa xuventude ten tras de si unha dilatada traxectoria. Na actualidade é directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín e gravou tres discos con Chouteira, antes de deixa-lo grupo no ano 2000 para crear unha escola de música de raíz única en Europa, e agora mesmo modelo para outros países.
O nome de Marful non é casual. É o de un dos avós de Ugia, polo que mantén unha evidente admiración. O disco será presentado nun concerto no auditorio de Galicia, en Santiago, o 16 de xuño, e recolle pezas dunha época musical marcada polos ritmos de tradición americana que cohabitaban coa música popular e a canción melódica, tal e como conta a propia Ugia.
Trátase de música elegante, con letras persoais e irónicas, feitas por Ugia e por escritores como Anxo Quintela, Ricardo Carvallo Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o francés Jacques Prévert.
Twist, tangos, habaneras e pasodobres forman o universo do primeiro disco de Marful, un proxecto ilusionante para Ugia e que supón una xanela aberta na mÚsica galega.
Con Ugia, forman Marful Pedro Pascual (acordeón diatónico), Pablo Alonso (clarinete baixo) e Marcos Teira (guitarra), e colaboran no disco Luis Alberto Rodríguez (batería) e Xacobe Martínez (contrabaixo).
|