>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

I Festival de Música de Autor e Reivindicativa no Bicentenario da Batalla de Mourentán
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 12 / 6 / 09 )





13 xuño en Arbo


Noticia enviada por Almudena













COMENTARIOS:



(http://www.vigometropolitano.com/news/130/ARTICLE/16914/2009-06-09.html)

A Asociación Cultural Barca de Loimil de Arbo organizará o vindeiro sábado, 13 de xuño, diversas actividades co gallo da conmemoración do bicentenario da batalla de Mourentán durante a Guerra da Independencia ao paso por este municipio. Tendo en conta o carácter festivo e reivindicativo, pero tamén conmemorativo, a entidade anima aos participantes a que leven unha flor que se depositará na ponte de Mourentán e a ir vestidos co traxe tradicional.

Polo tanto, o 13 de xuño, na ponte de Mourentán o pobo de Arbo recuperará as súas raíces e a súa razón de ser cantando. Ese día o torreiro converterase nunha romaría, será un espazo aberto onde os diferentes músicos que se darán cita na ponte, expresarán as súas reivindicacións interpretando pezas nas linguas que hai douscentos anos loitaban: francés, portugués, inglés, castelán e galego e que hoxe, lonxe de illarnos, servirán para unirnos na reivindicación da beleza como sistema de protesta.

Un dos principais atractivos da programación será a 1ª edición do Festival de Música de Autor e Reivindicativa dos cantautores Tino Baz, Luís ‘O Caruncho’ e Xan López que ademais de cantar cancións populares que todos coñecemos, están preparando músicas especiais para ese día. O espectáculo comezará ás cinco da tarde "e despois animarase ao público a que participe, de feito xa temos catro persoas que se ofreceron para cantar; pensamos tamén contactar cos nosos veciños portugueses para que veñan a este serán", sinala Fabiola Durán, secretaria da asociación.

Farase tamén unha ruta ciclista en bicicleta de montaña percorrendo os lugares salientables na loita contra o francés no Condado e unha ruta de sendeirismo percorrendo o entorno da batalla. A ruta ciclista será de 25 quilómetros e está dirixida aos ciclistas a partir dos 18 anos. A saída será ás 9.30 horas, dende o pavillón municipal de Arbo, debendo os participantes estar 30 minutos antes para coller os datos. O prazo para anotarse á proba remata o mércores, 10 de xuño. Para máis información, entrar na páxina web do Club Ciclismo Lamprea, onde estarán as normas da ruta. Para federados, a inscrición é de 7 euros e para os non federados, 15 euros. A organización sinala que todos os participantes terán dereito á comida (bebida aparte).

Ás 12.00 horas, actuarán os grupos de baile e de gaita da Asociación Cultural Barca de Loimil que, xunto ó grupo de gaiteiros 'Os da Nogueira', animarán a sesión vermú. Organizarase, ademais, a partir das 14.00 horas unha comida popular "para que a xente quede por aquí todo o día", sinalan Fabiola e o presidente da entidade, Lito Gil Expósito, pola que se cobrará un prezo simbólico (7 euros). O menú aínda non está definido, pero a organización está entre facer un churrasco ou carne ao caldeiro e polbo. As reservas poden facerse ao número 634 873 989.

Simultaneamente, a asociación organiza co Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Antonio Carpinteiro un concurso de pintura, "onde a finalidade é que coñezan a batalla porque o certo é que os nenos non a coñecían; e aínda hoxe en día é moito difícil encontrar información sobre este asunto", manifesta Gil Expósito. A entrega dos premios será tamén no día 13 de xuño, ás 16.30 horas.

Enviado por Almudena o 12/6/09 ás 02:18h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal