>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

A música galega volta a Bretaña

(ultima actualizaci�n: 11 / 6 / 09 )





Este verán, unha nova expedición musical parte para Bretaña.
Do 31 de xullo ao 9 de agosto celébrase na vila de Lorient a 39ª edición do Festival Intercéltico, a cita internacional máis importante para o mundo folk, que este ano conta con Galicia como país homenaxeado, sendo convidado de honra.


A programación de grupos galegos no Festival Intercéltico de Lorient afiánzase nesta edición con Berrogüetto, Fía na roca, BellónMaceiras e bOnOvO, catro grupos con diferentes experiencias no Festival. Dous deles, Fía na roca e BellónMaceiras, veñen de participar en edicións previas do Intercéltico, nas que tiveron unha gran acollida por parte do público. A expedición deste ano conta tamén con bOnOvO, que pon o seu primeiro pé en Bretaña este verán, a onde volverá de xira en Outubro; e con Berrogüetto, un dos grupos máis aclamados e con ampla bagaxe do noso país, que actuará por vez primeira no Festival Intercéltico de Lorient.

Berrogüetto, BellónMaceiras, bOnOvO e Fía na roca; catro formacións de estilos diferentes, pero cun obxectivo común: demostrar que o folk galego de calidade pisa forte tanto dentro coma fóra das nosas fronteiras.


- Lorient- Abada- Berrogüetto- Bellón- Maceiras- Bonovo- Fía Na Roca -


NOVAS RELACIONADAS:



Galiza desembarca en Lorient
http://www.vieiros.com/nova/74844/galiza-desembarca-en-lorient


Na 39ª edición do encontro, que terá o noso país como protagonista, participarán máis de 25 grupos musicais galegos, ademais de diversas mostras.


Galiza será este ano a protagonista do 39 Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña, que se vai desenvolver do 31 de xullo ao 9 de agosto. Xa se coñece a programación que se vai desenvolver no pavillón instalado por Turgalicia, e que terá case mil metros cadrados de superficie.

Por unha banda, no pavillón galego amosarase unha imaxe do país "entrañábel, amábel e de calidade" e potenciarase a súa personalidade propia como destino turístico. Así, informarase e difundirase a oferta turística, con especial fincapé no Xacobeo 2010, e haberá degustacións gastronómicas, exhibicións de artesanía e, por suposto, actuacións musicais: 24 espectáculos diferentes ao longo do certame.

Están previstos concertos de Alberto Coya e Alba Gutiérrez, Edelmiro Fernández, Marta Quintana e a súa banda, Bellonmaceiras Quinteto, Fía na Roca, Berrogüetto, Rosa Cedrón, Cristina Pato, Soas, Limagoia, Crema de Gaita, Espido, Pablo Carpintero, Anxo Lorenzo Band, Emilio Cao, Isga Collective, Ialma, Licor Kafé, Lulavai, Dúo de Arpa Céltica e Violín, BoNoVo, Faltriqueira, Lamatumbá e Susana Seivane. A derradeira actuación de cada xornada irá seguida dunha queimada.

Pero non só haberá actividades relacionadas con Galiza no pavillón, pois tamén terá lugar unha noite galega de gala no Grand Théâtre de Lorient coa actuación de Sondeseu e unha exposición fotográfica sobre o Camiño de Santiago. Así mesmo, a organización do Festival anunciou a contratación de Carlos Núñez, e os concertos, en diferentes espazos, de Sondeseu, Susana Seivane, Xacarandaina, Pradairo, a Agrupación Moxena e a banda de gaitas Airiños de Fene.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal