>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

WOLFSTONE, primeira banda internacional confirmada do Festival Ortigueira’09
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 4 / 6 / 09 )





O grupo escocés Wolfstone formará parte do cartel artístico do próximo Festival Ortigueira. É o primeiro grupo internacional confirmado da cita folk, organizada polo Concello de Ortigueira co patrocinio de Xacobeo, de Estrella Galicia e da Deputación da Coruña, que alcanzará do 9 ao 12 de xullo a súa XXV edición.



A formación, fixa na maioría das quinielas de favoritos dos afeccionados, será o sábado 11 de xullo un dos pratos fortes da oferta do Escenario Estrella Galicia, un palco que dará cabida, un ano máis na súa programación, a sons celtas e outras músicas de raíz europeas.

A banda que lideran o violinista de Inverness Duncan Chisholm e Stuart Eaglesham (guitarra acústica, voz) volverá pisar as táboas de Ortigueira, tras seis anos de ausencia. Farao cunha formación renovada e cun produto evolucionado, que se sustancia no seu décimo traballo discográfico, "Terra firma", no que gañan peso os temas cantados.

Máis de dúas décadas de traxectoria permiten presentar a Wolfstone como paradigma do entendemento entre o folk tradicional e o rock máis duro. Isto tradúcese en directos enérxicos, nos que non faltarán as palmas e os saltos do público, aínda a pesar de que o grupo que asinaba o disco "Not Enough Shouting" (balbordo insuficiente) temperouse.

A batería de Alyn Cosker domina a impoñente base rítmica deste sexteto de virtuosos que completan Stevie Saint (gaitas escocesas e flutas), Colin Cunningham (baixo) e Davie Dunsmuir (guitarra eléctrica), ademais das pezas fundamentais da banda, o dúo fundador.

En 2009, Wolfstone volverá a asomar ao Escenario Estrella Galicia. Consciente de que garante festa ao grande, o Concello confiaralle aos escoceses o día grande do Festival. A presenza da banda no cartel é, dende aquel 2003 en que trunfaron con "Almost an island", unha demanda continua dos folkies.


- Wolfstone- Ortigueira -


NOVAS RELACIONADAS:



Wolfstone, primeiro prato forte do menú de Ortigueira
http://www.galiciae.com/nova/32785.html?lang=gl


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal