>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

XXIII Día da muiñeira en Arteixo
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 4 / 6 / 09 )





A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo, convoca o XXIII Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 14 de xuño, ás 18:00 h. na Avda. do Balneario.


BASES DO XXIII DÍA DA MUIÑEIRA

1.Poderán participar no mesmo todos aqueles Centros, Grupos Folclóricos, Asociacións Xuvenís, etc., que o desexen.

2.Cada Centro, Asociación, etc. poderá inscribir o número de grupos que o desexe.

3.Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou unha uniformidade.

4.A Muiñeira a bailar será a “Muiñeira do Sr. Macías” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase catro veces con breves descansos

5.O prazo de inscripción remata o 7 de Xuño.

As follas debidamente cumplimentadas deberán enviarse a:

Correo ordinario: Asociación Xuvenil “Xiradela”, Polígono de Sabón, 5. 15142 Arteixo.
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
6.Os grupos inscritos deberán concentrarse a carón da Piscina Municipal zona escolar), ás 17:00h.

7.Haberá un agasallo para cada Asociación e merenda para tódolos participantes.
Tlfnos. de contacto:981641125 (Xiradela), 675527543 (Raquel)


Noticia enviada por Foliadeiro

- Día da Muiñeira- Arteixo -
- Xiradela -


NOVAS RELACIONADAS:



Día da muiñeira en Coruña
http://folque.com/cmn-wp/?p=1680


O vindeiro domingo 7 de Xuño, a Asociación Xuvenil Xacarandaina celebrará un ano máis o DÍA DA MUIÑEIRA.

O acto comezará ás 17.30 h. cun pasarrúas de tódolos grupos participantes, dende a Praza de María Pita ata os Xardíns de Méndez Núñez. Nestes terá lugar a lectura do pregón e a exhibición dos grupos, que consistirá no baile todos a unha vez de tres muiñeiras (de 5 voltas e 4 puntos), con breves descansos entre elas.

Para finalizar o acto, entregaráselle un recordo conmemorativo do acto a cada asociación participante.
Dende o ano 1981 a Asociación Xuvenil Xacarandaina organiza de xeito ininterrompido e con carácter de exhibición o Día da Muiñeira, sendo unha das pioneiras en Galicia e na provincia de A Coruña. Neste evento poden participar todas as asociacións e centros que o desexen, dende asociacións de veciños a colectivos parroquiais ou deportivos.

O obxectivo deste acto e ensalzar a danza máis representativa e característica do noso pais, a muiñeira, así coma implicar na mesma ao gran público, moitas veces descoñecedor ou desarraigado da súa cultura máis popular. E por suposto, queremos do mesmo xeito compartir unha tarde festiva con toda a xente que así o desexe.

Os Xardíns de Méndez Núñez, en pleno centro da cidade, acollen cada ano ao redor de 600 rapaces e adultos de toda Galicia que interpretan tres muiñeiras consecutivas de xeito simultáneo. A participación do público é fundamental e chegan a reunirse unhas 3000 persoas.

O acto comeza cun desfile e pasarrúas a cargo de todos os grupos e asociacións dende a Praza de María Pita ata os Xardíns de Méndez Núñez. Unha vez alí un pregoeiro ou pregoeira vinculado ao mundo do noso folclore da a benvida aos participantes e abre a celebración. Unha solta de grobos e o lanzamento de bombas de palenque danlle ao momento o aire de festa que o caracteriza e son o sinal para que comece o baile. O noso desexo é que participe tamén o público asistente, e con ese motivo sempre se botan unhas pezas máis. Cada asociación recibe un recordo conmemorativo da súa asistencia, como agradecemento pola súa desinteresada colaboración ao acto e a nosa cultura.

O peche do Día da Muiñeira corre a cargo do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina, que interpreta danzas e pezas de músicas recollidas ao longo do ano na súa labor de investigación e traballo de campo por toda a xeografía galega. O Día da Muiñeira é un dos nosos actos máis abertos e populares, e pola tradición que leva un dos que nos fan sentir máis orgullosos, mesmo dentro da súa sinxeleza e proximidade, que é a clave do seu éxito, tanto de participación como de público.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal