>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Aberto por Reformas, pechado por Feijoo
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 3 / 6 / 09 )



O 17 de Maio manifestabamonos en defensa da lingua galega. Mais esta defensa non pode limitarse a unha paseo ata a Quintana.
E non só hai que defender escolas en galego, hai que defender a presenza do galego en tódo-los ambitos, e o musical é MOI IMPORTANTE.
E se deixamos que desapareza un programa como Aberto por Reformas, sen facer o menor ruido, estamos cometendo un grave erro.


Noticia enviada por Arturo



NOVAS RELACIONADAS:



Ghaiteiro!
http://cccp.blogaliza.org/2009/06/02/ghaiteiro/




Non vou negar que son admirador do Xurxo Souto escritor e músico. Mais hoxe, día do seu cese, é hora de falar do Xurxo Souto profesional da radio.


Conhezo ben a Radio Galega, xa que pasei alí algo máis de dous anos a currar. E daquela [que volta a ser un agora] detestaba o seu modelo de radio, caduco e indefinido. A chegada de Xurxo [eu xa levaba anos fora] supuxo umha mudanza radical, cara umha radio moderna, viva e que por fin facía honra ao seu apelido. Eu persoalmente so podo ter palabras de agradecemento por terme permitido desfutar de cousas tan bonitas como A boca do noite, Mil ribeiras e a primeira temporada do Extrarradio.


Mención especial merece Aberto por reformas. Por primeira vez en moitos anos toda a creatividade que agroma a reo neste pais dos quincemil ghaiteiros e ghaiteiras tivo un poderoso altofalante Puidemos descubir que Xurxo tinha razón e ficar abraiados con todo o talento que hai en todos os currunchos deste esquina do fin do mundo que se chama Galiza. Abofe que foi umha cousa bonita que mete medo! E onte partiu para sempre...





Hoxe o locutor que o substituiu comezou á defensiva coa audiencia do programa [ nunca tal oíra ] e comezou o programa con outro rapaz de aí ao lado…[ un que sería imposibel escoitar en calqueira outra radio, que para esto esta a radio pública]. Abofé que é toda unha declaración de principios. En fin podería rosmar un pouco máis, pero sería luxar un post que pretende ser umha pequena homenaxe ao bo de Labanhou…apenas podo dicir:


XURXO SOUTO GHAITEIRO!!!!







ZIMMER103: PECHADO POR REFORMAS!!
http://zimmer103.blogspot.com/2009/06/pechado-por-reformas.html


Haberá música galega e grupos de canten en galego , que ninguén o dubide, só que non soarán na radio pública diste país, ou polo menos no cassette da disco-tasca que rexentaba Xurxo Souto. As últimas emisións do Aberto por Reformas alentaban case de xeito desesperado e coma autoinmolación orgullosa a ise lampión sonoro que dende as ondas se foi criando cada tarde durante istes case catro anos, execesivo? Posiblemente, Necesario? Pois tamén. A realidade é moi cruda e palpexante na radio e na tv galega que recunca á súa esencia primaria de doma e castración.

O que está a acontecer na RG demostra unha vez máis que as típicas chapuzas para arranxar as goteiras non serven de nada , cando se afronta unha reforma ten que ser de verdade e non deixando dentro todo ise veleno que agora volta a agromar nos micros da nosa radio nacional. Como nista non readacción viamos ver ista situación deixamos gardado unha mítica intervención do Komando Cuco de Velle no Aberto por Reformas que destaparemos en formato podcats como homenaxe a isa Reforma que foi víctima unha vez máis dun maldito país de xordos, voltamos trocar de dial!!





Fechado por Censura
http://agal-gz.org/uz/index.php/2009/06/03/fechado-por-censura/


1 de Junho de 2009. Lembrem esta data, pois foi o derradeiro Aberto por Reformas.

— Ah, mas o programa não continua?

Prezado amigo, prezada amiga, se uma vaca tem cara de ovelha, patas de ovelha, rabo de ovelha… provavelmente seja uma ovelha, mesmo que a sigamos a chamar «vaca». Nas ondas segue a haver, desde ontem, um programa chamado Aberto por Reformas. Mas nem é um espaço aberto, nem continuam as reformas (mais bem voltam atrás), nem apresenta Xurxo Souto, nem é dinâmico e divertido, nem trata já música galega. Dá-me no corpo que não é Aberto por Reformas, mesmo que se chame igual.

Há quase dous anos e meio, o polifacético artista Tonhito de Poi respondia isto numa entrevista:

- O que destacas do momento actual da música galega?
Desde a época do ‘Xabarín’, quando começaram a sair bandas… não tive uma sensação de uma cousa tão frutífera. A música está unindo as bandas e misturando-se entre elas para medrar como pessoas e como músicos, as fronteiras estão rotas, a música não tem espaço físico, por isso é de todos. Ademais, na música ninguém quita o sítio a ninguém, quanto melhor lhes for aos outros, maiores posibilidades temos todos de chegar, e todo isso ja se está integrando em nós.

- Concordo plenamente (risos).
Mas sabes o que se passa aí? Que havia um suporte (a TVG) que apoiava, e então saías e visivilizava-se o que havia. Porém, isso tapou-se e agora volve haver suporte, sobretudo na rádio… programas como o de Xurxo Souto [«Aberto por Reformas»] estão fazendo muitíssimo, porque isso, para as bandas, saír na radio cria concertos. As bandas não podem estar toda a sua vida nos garagens e nos galinheiros, porque afinal morrem.

Na mesma linha, tamém se pronuncia o Movimento polos Direitos Civis através de uma nota em que lembram que o Aberto por Reformas foi uma das fórmulas que melhores resultados deu à radio pública nos últimos anos. Através deste espaço, e como bem assilava Tonhito de Poi em 2007, numerosos grupos encontraram uma plataforma para se publicitarem, algo do que este país careceu desde o fim da época gloriosa do Xabarín Club a meados da década de ‘90 do século passado.

A primeira emissão sem Souto, a cargo de Xusto López Carril, tivo como representações galegas a sintonia do programa (com a vital Ugia Pedreira), comentários da maravilhosa Uxía Senlle… e pouco mais. O facto de que a primeira canção emitida fosse de Bruce Springsteen foi toda uma declaração de intenções sobre os ‘novos’ tempos: acabaram as reformas, volta estar a casa cheia de cascalhos.

Igual que o MpDC, não queria finalizar esta lembrança sem salientar que Xurxo Manuel Souto Eiroa, além de subdirector de programas da radio pública do país nos últimos tres anos e meio, foi também peça-chave na gestação do sucedido (e impresindível) concurso A polo Ghit, que em parceria com Vieiros botou os últimos três anos a procurar uma canção galega do Verão, uma ‘escusa’ que realmente serviu de promoção de muitos pequenos e novos grupos, complementando o labor do Aberto por Reformas.



Acabariam as reformas na Rádio, voltarão a censura, a mentira e a manipulação. Mas ao menos o país terá a boa notícia da recuperação de Xurxo ao 200% para a faceta artística. E, como sempre, FALOU XURXO, FALOU BEM.






http://www.xornalgalicia.com/print.php?sid=53998


(...)
Un dos primeiros cambios, esperábel e anunciado o día antes polo seu protagonista, foi o relevo de Xurxo Souto á fronte do programa musical "Aberto por Reformas", unha das fórmulas que mellores resultados deu á radio pública nos últimos anos e a través da cal numerosos grupos atoparon unha plataforma que lles permitise proxectarse á sociedade galega, unha fórmula de publicitación da que carecía o ente público galego desde a época máis gloriosa do Xabarín Club a mediados dos 90.

Porén, na primeira emisión sen Souto, a de onte, día 2 de xuño, o único programa musical dedicado á música galega moderna deixou paso a un "magazine de transición", en palabras do novo presetnador, Xusto López Carril. A primeira canción 'pinchada', de Bruce Springsteen, foi toda unha declaración de intencións sobre os 'novos' tempos que se viu corroborada no resto da emisión.

Cómpre lembrar tamén que Xurxo Souto, ademais de subdirector de programas da radio pública do país nos últimos tres anos e medio, foi tamén 'alma máter' do concurso "A polo Ghit" (apologhit.vieiros.com), que en colaboración co diario dixital Vieiros.com durante os últimos tres anos, coa escusa de atopar unha 'canción do verán' galega, serviu para promocionar numerosos grupos, complementando así o labor realizado desde “Aberto por Reformas".







FECHADO POR REFORMAS
http://chimpin.blogspot.com/2009/06/fechado-por-reformas.html


O programa Aberto por reformas que bem apresentou Xurxo Souto durante os últimos anos, dando oportunidade á música galega de todos os estilos, finou no dia de onte.
Entendo que retirem ao senhor Souto como direitor de programaçom da RG, mas retirar-lhe o programa e ponher o que pugerom nom têm outro nome mais que o de Censura.
E quando antes o programa se adicava á expansom interplanetária da música pangalaica, agora... Julguem vostedes:



E se a isto lhe sumamos que onte, também, a TVG retirou um programa documentário sobre as vacas tolas para ponher um filme, máis do mesmo.
Empezamos.





Trasancos: Ao PP lle sobra xente na CRTVG
http://trasancos.blogspot.com/2009/06/ao-pp-lle-sobra-xente-na-crtvg.html








Komunikando.net - "Alberto por reformas" na radio Gallega
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1626/62/








Vieiros: Galiza Hoxe - A música galega, pechada por reformas?
http://www.vieiros.com/nova/74534/a-musica-galega-pechada-por-reformas








Gracias, Xurxo « The Homens
http://thehomens.wordpress.com/2009/06/04/gracias-xurxo/








Publico: Depuración en Radio Galega tras la llegada de Feijóo a la Xunta
http://www.publico.es/espana/230205/depuracion/radio/galega/xurxo/souto/feijoo/xunta/tvg/vacas/








Loito na música galega
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=63949








Foros da CRTVG - Pechado por reformas
http://foros.crtvg.es/foro/viewtopic.php?f=25&t=394&sid=bf00bec8d2adec4f2ec9bdf328042365








Atalogho amigho, partiu!
http://cadernodelingua.wordpress.com/2009/06/03/atalogho-amigho-partiu/


Hai un par de días que non escoitamos a voz do bo de Xurxo Souto ao temón do “Aberto por reformas”, unha aventura que nacía hai tres anos na Radio Galega e que foi o motor fundamental da revolución que vive (por descontado, vivimos e gozamos) a música galega actual. Xurxo, un dos grandes comunicadores deste país e bo coñecedor da escena musical, fixo dende este altofalante privilexiado que é a radio pública de todos os galegos e galegas o labor do humilde adestrador do fútbol volcado na canteira, aquel que coida co agarimo do artesán os novos valores porque cre neles e que, precisamente por iso, lles dá minutos cando os rePPunantiños non acreditan na materia prima local. E faino con entrega, con verdadeira emoción, sentindo o que di, en cada unha das imaxes que constrúe para describir os sons, as repichocas e as mil e unha verbenas deste país de músicos e da alegría.

De súpeto, os que tiñamos morriña de Xenreira, dos Diplomáticos, dos Rastreros ou dos Skornabois, tivemos coñecemento de ducias e ducias de formacións e solistas que boureaban entre nós, agochados polos medios, e tamén coñecemos as músicas do mar, as cancións de taberna, a historia da nosa música e os artistas recuperados, a arte dos improvisadores, os festivais todos da Mariña ao Baixo Miño, o Apologhit, o torreiro da festa no día da verbena, as literaturas musicadas… E viaxamos dende Montealto á Lusofonía na mala de Uxía, pasamos por Asturies para ir a Euskalherria e parar en Aragón antes de entrar nos Países Cataláns e logo mergullarnos en Europa.

Mais como naqueles vibrantes ghatillasos dos 90 (”Maruxo”, “Platinos”, “Parrús”, “Mikaela”, “Non chas quero”…) que, por certo, pinchaba Antón Reixa no seu mítico “Bule Bule”; o programa “A tropa da tralla” de Radio Coruña (coa mítica sección de turismo tasqueiro); o Unión Bravú e a revista Bravú; os programas “Mil ribeiras” ou “A boca da noite” na mesma RG; ou os mundos mariños, populares, tabernarios e musicais (medio lendarios medios verídicos) da súa narrativa, hai Xurxo Souto e música galega para moito, por máis que os ananos tenten devolvelos á clandestinidade que durante década e media padeceron nos medios públicos.

Obrigado, Xurxo!





Artábria com Xurxo Souto e com os grupos galegos: contra "Alberto por reformas"
http://agal-gz.org/blogues/index.php/artabria/2009/06/06/artabria-com-xurxo-souto-e-com-os-grup








MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.
http://www.blogoteca.com/madeingaliza/index.php?cod=64154


Contra a censura e a marxinación da música galega

"Artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG: A programación debe de estar inspirada na promoción e difusión da cultura e lingua galega “.

Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS, e en relación coa deformación e perversión dos seus contidos…

Consideramos que este programa viña sendo…

* Un programa plural, aberto á cidadanía e participativo, como a sociedade na que queremos vivir e, precisamente por iso, um programa onde a música se vivía con vitalidade, intensidade e enerxía.

* Un programa cun forte pulo dinamizador para a música que se está a facer hoxe na nosa lingua, no noso país, como un espello diario no que a xente preocupada pola música de calquer tendencia ollabamos unha realidade socio-cultural que está a transformar a historia da nosa música.

* Un programa, enraizado na radio de todos e todas as galegas, cunha vocación pública fundamental, ofrecendo a música que se está a facer no nosso país como un ben público de interese xeral.

* Un programa que axudaba a tecer os fios da rede socio-cultural da música galega, que nos relaciona ás persoas que facemos a música do século XXI coas persoas que queren gozar, emocionarse e vivir a música do presente.

* Un programa que, durante os seus máis de 900 (¿?¿¿) días de emisión, día a día, fixo que –como recolle o Plan Xeral de Normalización da Língua Galega, aprovado por consenso polos tres partidos políticos maioritarios- o galego estivese vinculado e fose vivido por milleiros de persoas como referente de modernidade, como un motor de normalidade língüística cotiá.

* Un programa que materializaba de forma sobresaliente a natureza e principios da propia CRTVG, no artigo primeiro da súa Lei de Creación: a promoción, difusión e impulso da lingua galega.

* Un programa que, nun contorno social e mediático onde a cultura, a lingua e a música galega son minoritarias, minorizadas e desprezadas por múltiplos agentes sociais e institucionais, se baseaba na posta en valor da nosa cultura, a nosa lingua e a nosa música.

* Un programa absolutamente xeneroso, respectuoso e honesto nas relacións humanas coa xente que está criar, a comunicar, a compartir, a impulsar, a gozar coa música deste país.

* Un programa, ademais, aberto a culturas e músicas de todo o planeta, poñendo a música galega en relación -en pé de igualdade- coa doutras partes do mundo, con especial interese polas músicas irmás da Lusofonía.

...e por iso...

* Entendemos que esta medida de eliminación da música en língua galega supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galiza están a realizar contra a lingua e a cultura dos galegos e galegas.

* Queremos denunciar, como xente preocupada pola nosa música e a nosa cultura, esta agresión dirixida –cunha intención política e simbólica evidente- contra un dos veículos de comunicación do movimento de Rexurdimento Musical que as novas xerazóns do mundo da música estamos a protagonizar, impulsado por unha sociedade que sabe valorar a sua criatividade.

* Queremos posicionarnos e defender de forma decidida, belixerante e irrenunciábel a presenza da música galega na nosa Radio Pública.

* Queremos dirixirnos á xente sensível coa nosa cultura e coa nosa música, para sumarse a esta denuncia, a esta reivindicación lexítima: A MÚSICA GALEGA DE VOLTA Á RÁDIO GALEGA!

* Pedimos que se restableza un programa diario que de conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral.


...

A resposta do mundo da música contra o ataque do PP auto-organiza-se em
komunikando





Beizóns, Xurxo!
http://bretemas.blogaliza.org/2009/06/04/beizons-xurxo/


Tras catro anos de traballo entusiasta á fronte da subdirección de programas, Xurxo Souto saíu da Radio Galega coa elegancia arroutada e idéntica paixón coa que realizou o seu primeiro saúdo en antena. Atrás queda o seu pulo e esforzo por modernizar e achegar a radio pública en galego (esa "rareza" no dial que debemos defender como primeiro patrimonio galego da comunicación) á mocidade e aos públicos urbanos. Eis o seu traballo monumental de apoio á música popular galega que, en boa medida debido a súa convicción nas súas posibilidades, vive o mellor momento da súa historia. Eis o seu apoio a iniciativas felices como a reinvención do teatro na radio. Eis as leccións diarias de radio fetén en Aberto por Reformas ou cada sábado ao mediodía en Mil ribeiras (para min un programa memorable, tanto dende o punto de vista literario como musical). Eis o acerto de poñer en marcha o Extrarradio, o grande programa de Belén Regueira (hoxe por hoxe a primeira comuncadora do país). Eis o apoio proporcionado pola RG ás máis diversas iniciativas das industrias culturais... Todo o sector cultural galego (editores, escritores, músicos, actores... ) está en débeda con Xurxo Souto. Ben sería amosarlle o noso agradecemento nunha velada bonita. Beizóns, Xurxo, o noso ghaiteiro















COMENTARIOS:



Que nos esperábamos? Un goberno que nen sequera respeita a lingua do país, non pode respetar tampouco un medio de comunicación para a difusión da música galega.
Volve a telegaita na súa máxima expresión.

Enviado o 3/6/09 ás 20:16h







pechado por censura. aberto a outras canles.querémoste noutras ondas. deica, ghaiteiro!!!!

Enviado por outro de monte alto o 3/6/09 ás 22:35h







tristeza infinita.....

Enviado o 3/6/09 ás 22:56h







O primeiro de moitos. Eu penso chamar a canto programa o permita para queixarme. Ou espabilamos ou desaparece a música galega da radio pública!

Enviado o 3/6/09 ás 23:15h







Hoxe daba noxo escoitar o que queda do programa do Xurxo, podiano chamar "Open for Building", Ademais o justo iste de onde saiu porque e mais paradiño que "mariano el corto".

Non podemos deixar que os grupos galegos non teñan un espacio no ente publico galego que pagamos todos en non so os que votaron a o PP

Enviado o 3/6/09 ás 23:45h







o xusto lopes carril apressentava tempo atras o informativo de pola manha

Enviado por manu o 3/6/09 ás 23:56h







como se pode pechar así, un programa? todos os que somos seguidores de aberto por reformas estamos ahí, a espera de oir a xurxo co seu programa que o único que fai e por felicidade. Que triste que axa xente que nos priven os ointes da FELICIDADE, propoño como ointe de aberto por reformas: fagamos o posible entre os seguidores do programa para que nos devolvan a FELICIDADE.

Enviado o 4/6/09 ás 02:07h







Alguen sabe qué programas da radio admiten chamadas? Habería que facer un listado e meter caña

Enviado por Raúl o 4/6/09 ás 03:50h







Para chamadas en directo: Un día por diante, O tren do Serán, Lume Na Palleira.. e seguro que hai mais

Enviado por Marcos o 4/6/09 ás 16:32h







Isto e unha inxustiza.¿a quen lle facíamos mal? ¿que podemos esperar destes represores?
Era o meu programa preferido.Ainda non hai moito participei nel e recibín na miña casa un cd de Taru e os paxaros coiro que me presta moito.XURXO ANIMO!! LOITAREMOS!!

Enviado por castrexa o 4/6/09 ás 20:01h







Comenza a doma y castración de Galiza. E comenza pola cultura!!!!!me cajo na...!!!!!

Enviado por manolo do incio outra vez o 4/6/09 ás 22:27h







ánimo Xurxo! inda que supoño que contabas con iso, eu non.Nunca pensei que a nosa música fora tan perigosa para eses caciques.

Enviado por iolanda o 8/6/09 ás 07:30h







SEGURO QUE O SEGUINTE Á DE SER O TREN DO SERÁN , POLAS PAROLADAS DE D. AVELINO...EN FIN PAIS DO CARALLO !!!!

Enviado por PEPE DE SAMOS o 10/6/09 ás 22:04h







Malos tempos para a lirica, e todo o que soe a liberdade. Han chegado tempos de censura, esquencidos incluso nos tempos do ex ministro de Franco Fraga Iribarne. Este Feijóo e algo escuro, a nova e longa noite de pedra camiña cara a Galicia.

Enviado por calo o 13/6/09 ás 22:08h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal