>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



Xoan Eiriz inaugura o Espazo Aberto
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 2 / 6 / 09 )



Comeza unha nova edición deste ciclo no Forum Metropolitano da Coruña e aproveitará o recital do mércoles para gravar en directo o seu novo traballo 'Vintencinco anos e unha cantiga de amor'


O mércores 3 de xuño Xoan Eiriz inaugura unha nova edición do ciclo Espazo Aberto, creado para presentar novos proxectos e acoller novas propostas do mundo das artes escénicas e musicais. O cantautor galego Xoan Eiriz non só ofrecerá un concerto coas pezas máis significativas da súa traxectoria o vindeiro mércores 3 ás 21 horas no auditorio do Fórum, senón que aproveitará a ocasión para facer a gravación en directo do seu novo traballo discográfico que titulará Vintecinco anos e unha cantiga de amor. No seu recital no Fórum acompañaranlle os músicos Nacho Goris ao piano e Alfredo García á guitarra eléctrica
Xoán Eiriz é cantautor de música lixeira e popular. Leva vinte anos adicados a cantar na fala de cunqueiro, intentando dignificar e universaliza-la fala galega por medio da linguaxe mais universal, a música. Aló polo ano 1988 naceu o seu primeiro disco Sentimentos, comezando un novo estilo tan diferente dos tópicos ó uso empeñados en facer do idioma unha barreira e da creación musical en galicia un último reducto de folklórica resistencia ó castelán. para él sempre foi todo máis sinxelo, canta en galego tanto temas propios coma temas populares e universais e por vez primeira, en galego ersionou grandes temas coma My way, Granada, Feelings, amosando a flexibilidade da lingua galega para cantar calqueira tema.
Coa súa música, que intenta escapar dos modismos, intenta sempre ser fiel ás costumes do noso pobo, aportando o seu "grao de area" a dignificación do idioma e, en consecuencia, á tan necesaria normalización lingüística do noso benquerido país no que a música xoga un papel preponderante. Por iso naceron sucesivamente os seus traballos discográficos Sentimentos, A RTVG e os músicos galegos, Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, Amiga, amada, Na miña fala, Galicia, Eu voute amar, Azul, Amores ei e o seu último traballo Lelías, cantos dun namorado da súa fala no que canta ás tres almas musicais de Galicia: ó seu riquísimo folklore popular (pandeiradas, foliadas, romances, alalás, ...), as súas grandísimas cancións universais ( Unha noite na eira do trigo, Negra sombra, ...) e por último a algúns dos poetas máis sobranceiros (Federico García Lorca cos seis poemas galegos, Álvaro Cunqueiro, Fermín bouza brey, ...), constituíndo o seu traballo máis autóctono, máis enxebre, no que queda amosado unha vez máis o seu grande amor pola lingua e pola cultura dun pequeno país chamado galicia.
Actualmente, está a preparar o seu próximo disco, que vai a ser en directo, e será unha recopilación de temas dos seus dez traballos editados, con tres temas novos, e que levará como tiduo "Vintecinco anos e unha cantiga de amor".


- Xoán Eiriz -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal