>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

I Festival Vibracional TPS (Festival internacional de música improvisada)

(ultima actualización: 31 / 5 / 09 )





A improvisación libre ten a súa orixe e desenvólvese na Europa (especialmente no Reino Unido e
Alemaña) desde os anos sesenta, a partir de distintas disciplinas artísticas como son o free jazz,
a música clásica contemporánea, a música electrónica e as diversas músicas de carácter popular.
Na improvisación libre acada unha importancia capital a actitude de escoita, comunicación e
interacción entre os músicos, a exhaustiva exploración das posibilidades do instrumento, a creación
de novas paisaxes sonoras e o afán de busca de territorios musicais descoñecidos.
Desde o ano 2003, o Centro de Novas Teconoloxías do Pico Sacro (TPS) e a Sala NASA veñen despregando
un intenso labor de difusión da improvisación libre a través dun programa estable de
actividades: presentación de propostas en solo, dúo, trío e cuarteto, jam sessions e experimentos
de condución xestual de pequenas e grandes formacións, que tiveron o seu máximo exponente
na creación de O.M.E.GA, Orquestra de Música Espontánea de Galiza.
Todo este traballo conflúe agora no Festival Vibracional TPS, un novo pulo no crecemento sustentable
da improvisación musical en Galiza, implicando a outras institucións e abríndose a novos
espazos da vida pública co fin de facela accesible a públicos máis heteroxéneos. Será unha ocasión
inmellorable para o encontro, o debate, o goce e a descuberta para calquera persoa interesada
non só na improvisación, senón na arte contemporánea. Ademais, coa celebración deste
novo festival, Santiago de Compostela vaise consolidar como un dos eixos da rede peninsular de
cidades de referencia da vangarda musical europea a carón de Barcelona, Madrid, Porto e Lisboa.


- Música improvisada -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal