>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Uxía ultima en Lisboa un disco que combina musicas do Atlántico
Fonte / Máis información



A nova produción chegará ao mercado en outono, sete anos despois da súa última obra

Enviar noticia Imprimir noticia
(Firma: C.F.)

Sete anos despois Uxía última o seu novo disco. Un disco que buscará título antes de outono e que, despois da primeira audición, revelará unha Uxía diferente, cos ouvidos postos no Atlántico, revisando desde Galicia ritmos e ambientes dese territorio que como lugar común chamamos Lusofonía.

A cantante galega leva dous meses en Lisboa, gravando nos arredores de Sintra un disco con múltiples influencias pero marcado polo pulso de Paulo Borges, un músico que foi buscando para cada canción unha sonoridade diferente «pero que encaixara coa voz e coa intención».

Como Uxía nunca está soa, o disco que chegará ao mercado no outono está cruzado por un sen fin de colaboración de músicos galegos, caboverdianos, das Azores, portugueses nos máis diversos roles, organizados arredor da cantante como unha alianza atlántica aguerrida pero pacífica. Para Paulo Borges, quen mellor coñece o disco, «a xente vaise sorprender coa distancia entre o disco anterior e este, buscamos que estivesen todos os elementos musicais posibles, saltar os xéneros e darlle outro aire á música variándoa e facendo algunhas chiscadelas a oEntrúsicas».

«Non quería facer un disco previsible»

Entrevista | Uxía
http://www.lavozdegalicia.es/se_cultura/noticia.jsp?CAT=106&TEXTO=6005345

(Firma: Camilo Franco | Lugar: lisboa)

O primeiro que di Uxía nos estudos de Rui Veloso cando explica as intencións do novo disco é «non quería facer un disco previsible». Nos estudos e a falta só de algunhas mesturas, Uxía explica algunhas das características das catorce cancións.

-¿Sete anos son moitos entre disco e disco?

-No 2000 saíu o anterior e este foise adiando por unhas cousas ou por outras tres anos. Pasaron moitas cousas. Púxenme en contacto con Paulo Borges, el veu a Galicia para facer a preprodución, logo eu viñen a Lisboa. Foi un proceso longo, calmado.

-Hai moitos músicos invitados, é outra das características do disco.

-En principio non ía ser así. Tiña unha idea máis reducida, máis común de facer o disco. Pero debe ser que non sei facer de outro xeito porque comeza a aparecer xente e se vai sumando e me gusta que sexa así.

-No disco hai músicas de lugares que teñen como referencia o Atlántico.

-Hai mornas caboverdianas, unha canción popular das Azores, pero tamén hai unha versión que creo que sorprenderá de Unha noite na eira do trigo. Hai cancións miñas pero tamén unha canción de Fran Pérez e Pepe Sendón. Son músicos que se suman nunha sonoridade que eu creo que as combina todas e que ten que ver co traballo de Paulo Borges.

-¿A gravación do disco foi combinando músicas?

-Gravar nos estudos de Rui Veloso, que tamén participa no disco, contar con Zeca Medeiros, que ten unha voz como de Tom Waits na canción que pechará o disco, a participación de Sara Tavares, Joao Afonso, Tito Paris, Maneca Costa, Filipa Pais, ou de Quim Farinha, Ugia Pedreira ou Davide Salvado son cousas que non se poden planificar, van saíndo e isto ten un carácter que explica o que quere ser o disco.


Noticia enviada por Rui













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal