>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

II Festa da Lingua na Coruña

(ultima actualización: 25 / 5 / 09 )








Noticia enviada por foliadeiro

- Festa da Lingua- Malvela -


NOVAS RELACIONADAS:



Xosé Tourián e Malvela animan a II Festa da Lingua - Xornal.com
http://www.xornal.com//artigo/2009/05/21/cultura/xose-tourinan-malvela-animan-ii-festa-da-lingu


O humorista e o conxunto musical participan no evento organizado pola Deputación Provincial de A Coruña, este martes no Teatro Rosalía


O Teatro Rosalía de Castro acollerá o vindeiro martes, 26 de maio, ás 20.30 horas, a segunda edición da Festa da Lingua, un acto festivo que será presentado por Isabel Risco e contará coas actuacións do actor e monologuista Xosé Touriñán e da agrupación musical Malvela. A entrada será de balde ata completar o aforo do teatro.
O espectáculo foi presentado na sede da Deputación da Coruña, polo deputado responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística, Xoán Manuel Sande Muñiz, e pola concelleira delegada da área de Cultura do Concello da Coruña, María Xosé Bravo.
Xoán Manuel Sande afirmou que o evento, organizado pola Deputación e o Concello da Coruña con motivo da celebración do Día das Letras Galegas será unha mestura de humor e música apta para todos os públicos, que comenzará coa lectura do manifesto "Hai galegos, hai galegas" elaborado para a ocasión por Xan Guillén Vázquez, para dar paso despois ás actuacións de Xosé Touriñán e Malvela.
O deputado provincial destacou o carácter festivo do acto, sen esquencer tamén o carácter reivindicativo do mesmo co obxectivo de chamar a atención sobre "o descenso de persoas que falan galego" , segundo o informe da Academia Galega.
Pola súa banda, María Xosé Bravo, expresou o compromiso da Concellería de Cultura coa segunda Festa da Lingua, e reflexionou tamén sobre o carácter reivindicativo do acto, pois, segundo María Xosé Bravo, o galego "está nun momento complicado, nun momento de pérdida de falantes". "Entendemos -dixo María Xosé Bravo- que o noso idioma é un ben colectivo, un patrimonio do pobo galego. Temos que recuperar o orgullo e a dignidade da nosa lingua", reivindicou María Xosé Bravo, que reclamou tamén o cumprimento da normativa vixente sobre normalización linguística.
Xosé Touriñán, un dos integrantes do dúo cómico "Os dous de sempre" interpreta nesta ocasión a Manolo Lojo, un home sen gañas de vivir e ao que todo lle sae mal, que tentará ao público revelar un dos secretos mellor gardados de todos os tempos.
Tras esta actuación humorística, terá lugar a actuación de "Malvela", grupo musical que xurde a partir dun cursiño de cantos populares dirixido por Uxía Senlle no Concello pontevedrés de Mos, e que recupera no seu repertorio algunhas das cantigas populares da bisbarra, contribuíndo así á difusión e preservación do patrimonio musical e etnográfico da zona.
Ademáis da voz da señora Carmen, cun disco en solitario baixo o título "Na flor dos meus anos", "Malvela" conta cunha variada formación instrumental na que están Gustavo Domínguez ao acordeón e á zanfoña, Raquel Domínguez á gaita e frautas, Pablo Ces ao bombo, Anxo Pardo ao tambor e ás tarrañolas, Abilio Santos á voz, o cavaquiño, viola e harmónica e, por último Ana Senlle, á percusión e dirección vocal.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal