
A Agrupación Folklórica e Cultural TERRA MEIGA, dentro das actividades do ano 2009, está a organizar una MOSTRA DE TRAXES TRADICIONAIS. Quixemos facela dun xeito diferente, non pechala nunha sá de exposicións , senón nun lugar aberto a todo o mundo: Nos Escaparates dos Comercios do Barrio da Magdalena de Ferrol. Grazas a colaboura da ACOFF: Centro Comercial Aberto A Magdalena de Ferrol, e có apoio e patrocinio do Concello de Ferrol (Cultura e Participación Cidadá), fixemos posible esta Mostra de Traxes, dende o día 11 , ampliada ata o 29 do mes de maio . Nestes escaparates do Centro de Ferrol, temos a posibilidade de ver distintas pezas e traxes, tanto de cotío coma de garda, saias e refaixos, xustillos e chaleques, mantóns e manteletas, zocos e zapatos, que poden dar unha boa idea da variedade e riqueza do Traxe Galego. Son 21 comercios do Barrio da Magdalena, abertos a todos, con Rutas Guiadas para colectivos: colexios ou Asociacións, que poden solicitado no e-mail afcterrameiga@telefonica.net, ou tamén no móvil 616-940.390
Podedes ver unha pequena mostra neste link
|